Actualidade

PREMIO XIX CONCURSO DE DESEÑO DE CARTEIS FESTAS PATRONAIS 2024

No salón de plenos do Concello de Monforte de Lemos as 12:00 horas do 13 de maio de 2024, reúniuse o xurado calificador do XIX CONCURSO DE DESEÑO DE CARTEIS FESTAS PATRONAIS 2024.

O xurado, acordou otorgar o premio establecido no punto cuarto das bases do concurso ó cartel presentado baixo o pseudónimo: MULLERES. Aberto o sobre corrrespondente o gañador foi: RUBÉN LUCAS GARCÍA

O cartel gañador e os traballos presentados quedarán temporalmente en poder da Delegación Municipal de Cultura para realizar unha exposición na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Unha vez rematada a mostra serán devoltos aqueles que sexan solicitados polos seus autores.

A exposición será do 7 ó 24 de agosto de 2024 na sala de exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

Bases