Mosteiro Benedictino de San Vicente  | | Mosteiro Benedictino San Vicente do Pino | Aínda que as súas orixes se remontan o século X, a edificación actual iníciase no século XVI. A harmoniosa praza do edificio conventual é neoclasica, tanto a súa fachada como o claustro. A impresionante iglesia monacal ten a súa portada renacentista, mentres o interior se enmarca no gótico de transición, cunhas bóvedas de complicadas nervaduras. Un órgano barroco, calado dende hai decadas, atópase nun lateral do coro. No recargado altar maior destaca unha interesante pintura alegórica que representa a tortura de San Vicente.
No cenobio consérvase unha singular imaxe de Santa Ana coa Virxe e o Neno, así como un interesante baixorelevo románico, entre outras pezas de relevancia artística.
|