| |









|
| |
| TURISMO » Festas |
|
Festas Son numerosas as festas e romarías que se desenvolven ó longo do ano en Monforte e as súas parroquias.
San Brais, celébrase o día 3 de febreiro e ten unha grande raigame polpular. Os monfortinos suben o igrexia de San Vicente para bendecir roscas e cintas contra o mal da gorxa.
Antroido, en relación co Antroido, en Monforte celébrase os xoves de compadres e comadres que gozan dunha ampla participación, así como un desfile de comparsas organizado polo concello.
Feira Medieval, coincidindo co sábado de gloria organízase unha feira medieval que se sitúa na zona monumental do casco vello de Monforte.
 | | Festa dos Cogumelos (exposición) | Martes de Pascua, este día de festa local a Corporación renova os seus votos á Virxe de Montserrat.
Os Maios, dende a Delegación de Cultura do Concello de Monforte fanse unha serie de actividades relacionadas coa ancestral tradición da celebración de O s Maios.
Festas dos barrios, por iniciativa popular son varios os barrios de Monforte que anualmente celebran as súas festas: San Lázaro, San Antonio, Festas do Carme, San Xosé, ...
Festas Patronais, no mes de agosto e sendo o día principal o 15, son numerosas as actividades que atraen a moitos visitantes nestas datas.
San Mateo, romaría popular que organiza a parroquia de A Parte o 21 de setembro.
 | | Festa das Empanadas (Rivasaltas) |
|
| |
|
|
|
|