|
08/10/2009.-
Por Resolución da Xunta de Goberno, de data 03 de setembro de 2009, aprobouse o expediente de contratación das SANEAMENTO DA CTRA. GUDIÑA-LALÍN E RÚA MOURE MARIÑO.
O orzamento aprobado foi de 89.474,86 euros IVE incluído, correspondente ó Lote nº 1. a cantidade de 25.604,98 euros IVE incluído e correspondente ó Lote nº 2 a cantidade de 63.869,88 euros IVE incluído.
O prazo de execución previsto é de 1 mes, para o Lote 1, e de 2 meses para o lote 2.
O procedemento de adxudicación aprobado foi o negociado sen publicidade.
No mesmo presentáronse as seguintes proposicións:
-Proposta nº1: Subscrita por GILBERTO VIDAL FERNÁNDEZ, CIF 34.254.872-Y. Presenta completa a documentación esixida nos Pregos de Condicións. Ofrece un prezo de 25.252,00 euros, non ofrece melloras nin incrementa o prazo de garantía..
-Proposta nº2: Subscrita por HERMANOS EXCAVACIONES CASANOVA, CIF 34.256.711M. Ofrece un prezo de 63.869,88 euros, non oferta melloras nin incrementa o prazo de garantía.
A vista das propostas presentadas, a Mesa de Contratación, con data 14 de setembro de 2009, PROPON:
-A adxudicación provisional do Lote nº 1, á empresa GILBERTO VIDAL FERNÁNDEZ, CIF 34.254.872-Y por un prezo de 25.252,00 euros IVE incluído e un prazo de execución de 1 mes nos termos establecidos na súa oferta e nos Pregos de Condicións Técnicas e Administrativas que rexen o contrato.
-A adxudicación provisional Lote nº 2, de acordo coa valoración efectuada, á proposición presentada pola empresa EXCAVACIONES CASANOVA, CIF 34.256.711M por un prezo de 63.869,88 euros IVE incluído, un prazo de execución de 2 meses nos termos establecidos na súa oferta e nos Pregos de Condicións Técnicas e Administrativas que rexen o contrato.
A vista do exposto o Alcalde, con data 14 de setembro de 2009, por Resolución de Alcaldía acorda a ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.
Publicada no Perfil do Contratante ós adxudicatarios cumpren as obrigas de presentar a documentación xustificativa de atoparse o corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e a constitución de garantía definitiva por importe de 1.103,66 euros e 2.753,01 euros respectivamente.
Visto o Decreto de Delegación de competencias, de data 20 de xuño de 2007, a Xunta de Goberno Local, de data 08 de outubro de 2009, ACORDA:
1º Adxudicar definitivamente o contrato de OBRAS DE SANEAMENTO DA CTRA. GUDIÑA-LALÍN E RÚA MOURE MARIÑO (LOTE Nº 1) nas condicións do Prego de Condicións Técnicas e Administrativas á empresa GILBERTO VIDAL FERNÁNDEZ, CIF 34.254.872-Y por un prezo de 25.252,00 euros IVE incluído e un prazo de execución de 1 mes.
2º Adxudicar definitivamente o contrato de OBRAS DE SANEAMENTO DA CTRA. GUDIÑA-LALÍN E RÚA MOURE MARIÑO (LOTE Nº 2) nas condicións do Prego de Condicións Técnicas e Administrativas á empresa EXCAVACIONES CASANOVA, CIF 34.256.711M por un prezo de 63.869,88 euros IVE incluído, un prazo de execución de 2 meses.
3º.-Afirma do contrato terá lugar dentro do prazo de 10 días hábiles a contar dende o seguinte ao de notificación da adxudicación definitiva.
4º.- A presente resolución pon fin a vía administrativa e contra a mesma pode o interesado interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes a contar dende a súa notificación, ante o mesmo órgano que a ditou, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo.
5º.-Notifíquese a presente aos licitadores e publíquese no perfil do contratante así como no Boletín Oficial da Provincia de Lugo de acordo co disposto no artigo 138 da Lei de Contratos do Sector Público.”
Data Publicacion: 08/10/2009 18:50:31
|