|
28/09/2009.- A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 24 de setembro de 2009, adoptou o seguinte acordo que a continuación se transcribe:
“ADXUDICACION DEFINITIVA DA CONTRATACIÓN DO PROGRAMA DE “ESCOLAS ABERTAS” DO SERVIZO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR
Pola Xunta de Goberno local, de data 23 de xullo de 2009, aprobouse o expediente de contratación do PROGRAMA DE “ESCOLAS ABERTAS” DO SERVIZO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR por procedemento negociado sen publicidade.
O orzamento aprobado foi de 84.900,00 euros IVE incluído.
O prazo de duración prevista é de dous anos prorrogables por un ano máis.
No citado procedemento fixéronse ás seguintes invitacións:
.-Invitación número 1.- máis que xogo, sl-.r/ cobas, s/n.-27400 monforte de lemos – lugo
.-Invitación número 2.- miriam palmon díaz.-r/ estrella, 54 2º.-27400 monforte de lemos – lugo
.-Invitación número 3.- gazafellos.-r/ torreira, 23-25.-15705 vista alegre- santiago – A coruña
Rematado o prazo de presentación de proposicións no Rexistro Xeral do Concello recibiuse unha soa proposición:
.-Proposta nº1: Subscrita por MAIS QUE XOGO S.L CIF B-27.333.004. Presenta completa a documentación esixida nos Pregos de Condicións.
A Mesa de Contratación, con data 27 de agosto de 2009, PROPON A ADXUDICACIÓN do contrato á empresa MAIS QUE XOGO S.L CIF B-27.333.004, por tratarse da proposición máis vantaxosa para a Administración, por un prezo de 42.435 euros/ano IVE incluído, un prazo de execución de 1 ano prorrogable por outro ano mais nas condiciones establecidas nos Pregos de Condicións Técnicas e Administrativas que rexen o contrato.
A vista do exposto a Concelleira de Benestar Social, con data 31 de agosto de 2009, eleva a Xunta de Goberno Local a dita proposta de ADXUDICACIÓN PROVISIONAL, quen a aproba por unanimidade en sesión celebrada o 03 de setembro de 2009.
Publicada no Perfil do Contratante ó adxudicatario cumpre as obrigas de presentar a documentación xustificativa de atoparse o corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e a constitución e garantía definitiva por importe de 3.658,19 euros.
Visto o Decreto de Delegación de competencias, de data 20 de xuño de 2007, a Xunta de Goberno Local ACORDA:
1º.- Adxudicar DEFINITIVAMENTE o contrato de SERVIZO PARA A EXECUCIÓN DO PROGRAMA DE “ESCOLAS ABERTAS” DO SERVIZO DE CONCILIACIÓN FAMILIARnas condicións do Prego de Condicións Técnicas e Administrativas a MAIS QUE XOGO S.L CIF B-227.333.004,na cantidade de 42.435 euros/ano IVE incluído, un prazo de execución de un curso escolar (outubro09 –xuño10) prorrogable por un curso máis.
2º.-Afirma do contrato terá lugar dentro do prazo de 10 días hábiles a contar dende o seguinte ao de notificación da adxudicación definitiva.
3º.- A presente resolución pon fin a vía administrativa e contra a mesma pode o interesado interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes a contar dende a súa notificación, ante o mesmo órgano que a dictou, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo.
4º.- Notifíquese a presente aos licitadores e publíquese no perfil do contratante así como no Boletín Oficial da Provincia de Lugo de acordo co disposto no artigo 138 da Lei de Contratos do Sector Público.”
Data Publicacion: 28/09/2009 11:22:37
|