|
18/09/2009.- Por Decreto de Alcaldía de data 24 de xullo de 2008, aprobouse o expediente de contratación das OBRAS DE RENOVACIÓN URBANA, MELLORA DO ESPAZO PÚBLICO, PRAZA E DOUTOR GOYANES
O orzamento aprobado foi de 108.234,48 euros IVE incluído.
O prazo de execución previsto e tres meses.
O procedemento de adxudicación aprobado foi o negociado sen publicidade.
No mesmo presentáronse as seguintes proposicións:
- Proposta nº1: Subscrita por NORSERCO S.L CIF B-70130026. Ofrece un prezo de 108.228,00 euros,non ofrece melloras nin incrementa o prazo de garantía..
- Proposta nº2: Subscrita por HERMANOS VIGO OTERO S.L CIF B-15275746. Ofrece un prezo de 108.234,48 euros, non oferta mellora nin incrementa o prazo de garantía.
- Proposta nº3: Subscrita por IBERSILVA S.A A-21294780. Ofrece un prezo de 107.880,00 euros, unhas mellora de 250,00 euros e incrementa e 6 meses o prazo de garantía da obra.
A vista das propostas presentadas, a Mesa de Contratación, con data 27 de agosto de 2009, PROPON A ADXUDICACIÓN do contrato á empresa IBERSILVA S.A por un prezo de 107.880,00 euros IVE incluído, un prazo de execución de 3 meses nos termos establecidos na súa oferta e nos Pregos de Condicións Técnicas e Administrativas que rexen o contrato, por tratarse da oferta mais vantaxosa para a Administración.
A vista do exposto o Alcalde, con data 03 de setembro de 2009, eleva a Xunta de Goberno Local a dita proposta de ADXUDICACIÓN PROVISIONAL, quen a aproba por unanimidade en sesión celebrada o 03 de setembro de 2009.
Publicada no Perfil do Contratante ó adxudicatario cumpre as obrigas de presentar a documentación xustificativa de atoparse o corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e a constitución e garantía definitiva por importe de 4.650,00 euros.
Visto o Decreto de Delegación de competencias, de data 20 de xuño de 2007, A Xunta de Goberno Local, de data 17 de setembro de 2009, ACORDA:
1º.- Adxudicar DEFINITIVAMENTE o contrato de OBRAS DE RENOVACIÓN URBANA, MELLORA DO ESPAZO PÚBLICO, PRAZA E DOUTOR GOYANES nas condicións do Prego Condiciones Técnicas e Administrativas á empresa IBERSILVA S.A por un prezo de 107.880,00 euros IVE incluído, un prazo de execución de 3 meses.
2º.-Afirma do contrato terá lugar dentro do prazo de 10 días hábiles a contar dende o seguinte ao de notificación da adxudicación definitiva.
3º.- A presente resolución pon fin a vía administrativa e contra a mesma pode o interesado interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes a contar dende a súa notificación, ante o mesmo órgano que a dictou, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo.
4º.- Notifíquese a presente aos licitadores e publíquese no perfil do contratante así como no Boletín Oficial da Provincia de Lugo de acordo co disposto no artigo 138 da Lei de Contratos do Sector Público.”
Data Publicacion: 18/09/2009 13:31:32
|