|
24/07/2009.- Pola Xunta de Goberno Local, con data 30 de abril de 2009, aprobouse o expediente de contratación da FASE II DAS OBRAS DE REFORMA INTEGRAL DO CAMPO DE FUTBOL LUIS BODEGAS
O orzamento aprobado foi de de 426.642,98 euros, IVE incluído.
O prazo de execución previsto é de 6 seis meses.
O procedemento de adxudicación aprobado foi o negociado con publicidade.
No mesmo presentáronse propostas as seguintes empresas:
· REYCONS S.L
· CAMPOSAN E ARIAN (UTE)
· ARQUION S.L
· O SAVIÑAO S.L
· MONDO
· COBRA E POLIGRAS (UTE)
· CALFENSA S.L
· BELYPA S.L
· CLECE S.A
Vistas as propostas das empresas admitidas a licitación, a Mesa de Contratación, con data 2 de xullo de 2009, en aplicación dos criterios obxectivos de negociación establecidos na cláusula 13 do Prego de Cláusulas Administrativas, procede a valoración das propostas admitidas, resultando:
|
EMPRESA
|
MELLORAS
|
PRAZO
|
PREZO
|
AMPLIACION GARANTIA
|
TOTAL
|
|
REYCONS S.L
|
15
|
5,45
|
0
|
1,87
|
22,32
|
|
CAMPOSAN E ARIAN (UTE)
|
0
|
5,45
|
15
|
0
|
20,45
|
|
MONDO S.A
|
40
|
20
|
4,5
|
0
|
64,50
|
|
COBRA S.A E POLIGRAS S.A (UTE)
|
15
|
10,90
|
6,75
|
7,5
|
40,15
|
|
CALFENSA S.L
|
35
|
19,09
|
6
|
15
|
75,09
|
|
BELYPA S-L
|
5
|
8,18
|
1,05
|
3,75
|
17,98
|
|
CLECE S.A
|
25
|
11,09
|
2,77
|
9,37
|
48,23
|
Por unanimidade dos membros presentes a Mesa de contratación formula PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN do contrato á proposición presentada pola empresa CALFENSA S.L , B- 27182982, por un prezo de 418.110,12 euros IVE incluído, as melloras ofertadas, un prazo de execución de 75 días ( dous meses e medio) e unha ampliación da garantía de 8 anos, nos termos establecidos na súa oferta e nos Pregos de Condicións Técnicas e Administrativas que rexen o contrato.
Polo Arquitecto-autor do Proxecto, D.José Arias Jordán, informase favorablemente sobre a viabilidade do prazo ofertado pola empresa.
Pola súa parte ó adxudicatario cumpre as obrigas de constituír, perante a Tesourería Municipal, na cantidade de 49.731,72 euros, a garantía definitiva do contrato, presentar a documentación xustificativa de atoparse o corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
A vista do exposto e de conformidade co Acordo de Delegación de Competencias do Pleno, de 23 de outubro de 2008, a Xunta de Goberno Local de data 23 de xullo de 2009 ACORDA:
1º.- Adxudicar DEFINITIVAMENTE o contrato para a execución da Fase 2º das obras de REFORMA INTEGRAL DO CAMPO DE FUTBOL LUIS BODEGAS a empresa CALFENSA S.L , B- 27182982, por un prezo de 418.110,12 euros IVE incluído, as melloras ofertadas, un prazo de execución de 75 días ( dous meses e medio) e unha ampliación da garantía de 8 anos, nos termos establecidos na súa oferta e nos Pregos de Condicións Técnicas e Administrativas que rexen o contrato.
2º.-Afirma do contrato terá lugar dentro do prazo de 10 días hábiles a contar dende o seguinte ao de notificación da adxudicación definitiva.
3º.- A presente resolución pon fin a vía administrativa e contra a mesma poden os interesados interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes a contar dende a súa notificación, ante o mesmo órgano que a dictou, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo.
4º.- Notifíquese a presente aos licitadores e publíquese no perfil do contratante así como no Boletín Oficial da Provincia de Lugo de acordo co disposto no artigo 138 da Lei de Contratos do Sector Público
Data Publicacion: 24/07/2009 14:08:53
|