Banner Concello de Monforte
 
 
 
Licitacións
» Activas
» Arquivadas
 
Adxudicacións Provisionais
» Activas
» Arquivadas
 
Adxudicacións Definitivas
» Activas
» Arquivadas


 
Obras de reurbanización da rúa Reboredo

15/04/2009.-    

            Pola Xunta de Goberno Local, con data 23 de febreiro de 2009, aprobouse o expediente de contratación das OBRAS DE REURBANIZACIÓN DA RÚA REBOREDO
O orzamento aprobado foi de 660.742,26 euros  IVE incluído.
O prazo de execución previsto é 10 meses.
O procedemento de adxudicación aprobado foi o negociado con publicidade.
No mesmo presentáronse propostas as seguintes empresas:
       CONSTRUCCIONES VALE SL
       DENGON –EXCAV. Y CONSTRUCCIONES YAÑEZ S.JUAN (UTE)
       SERCOYSA –TUCONSA (UTE)
       IBERSILVA S.A
       TECONSA
       HORDESCON S.L
       ASOGAL S.L
 
            Vistas as propostas das empresas admitidas a licitación, a Mesa de Contratación, con data 26 de marzo de 2009, en aplicación dos criterios obxectivos de valoración establecidos na cláusula 16 do Prego de Cláusulas Administrativas, procede a valoración das propostas admitidas, resultando:
EMPRESA
TRABALL.
NOVA CONTRATACIÓN
MELLORAS
GARANTÍA
PRAZO DE EXECUCIÓN
BAIXA PREZO
TOTAL
CONTRUC. VALE SL
5,71
4,70
17,86
3,33
3,75
0,63
35,98
DENGON- EXC. YAÑEZ
7,14
5,88
1,12
3,33
1,25
5
23,72
SERCOYSA-TUCONSA
15,71
2,35
7,44
16,66
1,25
0,07
43,48
IBERSILVA SA
15,71
4,70
30
20
3,75
0,63
74,79
TECONSA
20
20
6,05
0
5
0,39
51,44
HORDESCON SL
4,28
5,88
23,90
6,66
3,75
0,61
45,08
ASOGAL SL
2,85
3,52
15,45
6,66
2,5
0
30,98
 
            A vista das propostas presentadas, a Mesa de Contratación, con data 26 de marzo de 2009, PROPON A ADXUDICACION PROVISIONAL do contrato a IBERSILVA SA, por un prezo de 649.962,15 € IVE incluído, un prazo de execución de 7 meses e unha melloras valoradas en 73.517,30 euros,  nas condicións establecidas na súa oferta e nos Pregos de Condicións Técnicas e Administrativas que rexen o contrato.
            Notificada ós licitadores e publicada no perfil do contratante, con data 31 de marzo de 2009, o adxudicatario cumpre as obrigas de constituír, perante a Tesourería Municipal, na cantidade de 28.015,61 euros, a garantía definitiva do contrato, presentar a documentación xustificativa de atoparse o corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
            Vista a proposta do Alcalde de adxudicar DEFINITIVAMENTE as OBRAS DE REURBANIZACIÓN DA RÚA REBOREDO nas condicións do Prego Condiciones Técnicas e Administrativas á IBERSILVA SA, por un prezo de 649.962,15 € IVE incluído,  un prazo de execución de 7 meses e unha melloras valoradas en 73.517,30 euros,  nas condicións establecidas na súa oferta e nos Pregos de Condicións Técnicas e Administrativas que rexen o contrato.  
            A Xunta de Goberno Local, de data 03 de abril de 2009, por unanimidade dos membros presentes, ACORDA:
            1º.- Adxudicar DEFINITIVAMENTE das OBRAS DE REURBANIZACIÓN DA RÚA REBOREDO nas condicións do Prego Condiciones Técnicas e Administrativas á IBERSILVA SA, por un prezo de 649.962,15 € IVE incluído, un prazo de execución de 7 meses e unha melloras valoradas en 73.517,30 euros,  nas condicións establecidas na súa oferta e nos Pregos de Condicións Técnicas e Administrativas que rexen o contrato.   
             2º.-A firma do contrato terá lugar dentro do prazo de 5 días hábiles a contar dende o seguinte ao de notificación da adxudicación definitiva.
            3º.- A presente resolución pon fin a vía administrativa e contra a mesma poden os interesados interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes a contar dende a súa notificación, ante o mesmo órgano que a dictou, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo.
           4º.- Notifíquese a presente aos licitadores e publíquese no perfil do contratante así como no Boletín Oficial da Provincia de Lugo de acordo co disposto no artigo 138 da Lei de Contratos do Sector Público.”                                                      

Data Publicacion: 15/04/2009 17:31:27


 

 
 


 

 

 


 
 
(C) Concello de Monforte       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting