|
06/04/2009.- Pola Xunta de Goberno local, de data 23 de febreiro de 2009, aprobouse o expediente de contratación das OBRAS DE REFORMA DA INSTALACIÓN DE ALUMEADO PÚBLICO por procedemento negociado sen publicidade.
O orzamento aprobado foi de 151.157,86 euros IVE incluído.
O prazo de execución previsto é de 3 meses.
No citado procedemento fixéronse ás seguintes invitacións:
.-Invitación número 1.- Raúl e Hijos S.L.- Rúa Sarria, 6 baixo - Monforte.
.-Invitación número 2.- Manuel López López.- R/ Fco. Moure, 68 1º.- Monforte.
.-Invitación número 3.- Comercial Lemos Luz.- Ctra. Sober,s/n.- Monforte
Rematado o prazo de presentación de proposicións o día 09 de marzo de 2009, ás 14 horas, no Rexistro Xeral do Concello recibíronse as seguintes proposicións:
.-Proposta nº1: Subscrita por RAUL E HIJOS SL B-27.035.229. Presenta completa a documentación esixida nos Pregos de Condicións.
.-Proposta nº2: Subscrita por MANUEL LÓPEZ LÓPEZ SL. B-27.145.846. Presenta completa a documentación esixida nos Pregos de Condicións.
.-Proposta nº3: Subscrita por COMERCIAL LEMOS LUZ SL., B-27.178.748. Presenta completa a documentación esixida nos Pregos de Condicións.
De acordo coa proposta da Mesa de contratación, a Xunta de Goberno Local, con data 18 de marzo de 2009, ADXUDICA PROVISIONALMENTE o contrato á empresa RAUL E HIJOS SL, CIF B-27.035.229, que executará a obra con cinco operarios, dos que tres serán de nova contratación, un prezo de 151.157,86 € IVE incluído e un prazo de execución de 1 mes e medio.
Notificada ós licitadores e publicada no perfil do contratante, con data 18 de marzo de 2009, o adxudicatario cumpre as obrigas de constituír, perante a Tesourería Municipal, na cantidade de 6.515,42 euros, a garantía definitiva do contrato, presentar a documentación xustificativa de atoparse o corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Vista a proposta de adxudicación definitiva, de data 26 de marzo de 2009, a favor da empresa RAUL E HIJOS SL, CIF B-27.035.229, que executará a obra con cinco operarios, dos que tres serán de nova contratación, un prezo de 151.157,86 € IVE incluído e un prazo de execución de 1 mes e medio.
A Xunta de Goberno Local, de data 02 de abril de 2009, por unanimidade dos membros presentes, ACORDA:
1º.- Adxudicar DEFINITIVAMENTE o contrato de OBRAS DE REFORMA DE ALUMEADO PÚBLICO nas condicións do Prego de Condicións Técnicas e Administrativas á empresa RAUL E HIJOS SL, CIF B-27.035.229,que executará a obra con cinco operarios, dos que tres serán de nova contratación, un prezo de 151.157,86 € IVE incluído e un prazo de execución de 1 mes e medio.nas condicións do Prego de Condicións Técnicas e Administrativas á empresa CIF B-27.035.229,que executará a obra con cinco operarios, dos que tres serán de nova contratación, un prezo de e un prazo de execución de 1 mes e medio.
2º.-A firma do contrato terá lugar dentro do prazo de 5 días hábiles a contar dende o seguinte ao de notificación da adxudicación definitiva.
3º.- A presente resolución pon fin a vía administrativa e contra a mesma poden os interesados interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes a contar dende a súa notificación, ante o mesmo órgano que a dictou, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo.
4º.- Notifíquese a presente aos licitadores e publíquese no perfil do contratante así como no Boletín Oficial da Provincia de Lugo de acordo co disposto no artigo 138 da Lei de Contratos do Sector Público.”
Data Publicacion: 06/04/2009 17:50:11
|