| |









|
|
 |
| |
| Monforte de Lemos, 27/01/2010 | | BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE DUNHA PRAZA DE TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL, GRUPO A, SUBGRUPO A1, CON CARÁCTER INTERINO | BASES QUE REXERAN A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN POLO SISTEMA DE CONCURSO- OPOSICIÓN LIBRE DUNHA PRAZA DE TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL, GRUPO A, SUBGRUPO A1 CON CARÁCTER INTERINO
I-NORMAS XERAIS:
a) O presente proceso selectivo rexirase polo establecido nestas bases, para extremos non previstos nas mesmas estarase o disposto nas seguintes normas xerais:
- Lei 7/2007, de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público.
Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases do Réxime Local. R. D. L. 781/86, do 18 de abril, que aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local. Lei 30/1984, de 2 de agosto, de Medidas para a reforma da Función Pública. Lei 4/1988, de 26 de maio, do 18 de abril, de Función Pública de Galicia. Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración Local de Galicia. Real Decreto 95/1991, de 20 de marzo, da Comunidade Autónoma de Galicia , polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal e , supletoriamente o R. D. 364/1995, do 10 de Marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración Xeral do Estado, e demais disposicións concordantes de aplicación.
II.-OBXECTO DA CONVOCATORIA:
Provisión, con carácter interino, dunha praza de Técnico de Administración Xeral, Grupo A, subgrupo A1, dotada orzamentariamente coas retribucións contidas no orzamento do actual exercicio, polo sistema de concurso – oposición.
A interinidade rematará cando concurra algún dos supostos previstos no artigo 63 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, e cando remate a causa que deu lugar ao seu nomeamento.
III.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES:
Para ser admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán posuír no día da finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
a) Ter nacionalidade española, sen perxuicio do disposto nos artigos 57 e 58 do Estatuto Básico do empregado público( Lei 7/2007, de 12 de abril ) en canto ao acceso ao emprego público dos nacionais e doutros Estados en condicións de igualdade.
b) Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas do posto de traballo, sen perxuicio do acceso ó emprego público de persoas con discapacidade física ou psíquica debidamente acreditada, en grao igual ou superior ao 33%, nos termos recollidos no artigo 59 da Lei 7/2007, de 12 de abril.
c) Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso o corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado/a ou inhabilitado/a. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ser sometido/a a sanción disciplinaria equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso o emprego público.
e) Os/as aspirantes precisan estar en posesión ( ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias) do Título Académico de Licenciado/a en Dereito, Económicas ou Empresariais. que se deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente.
Será nulo o nomeamento do aspirante que estea incurso en causas de incapacidade conforme á normativa vixente.
Todos estes requisitos deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, manterse durante todo o proceso selectivo e acreditar o seu cumprimento como requisito previo imprescindible para poder ser nomeado no seu caso funcionario interino.
IV- SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS:
Os/as que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán presentar instancia, dirixidas ao Sr. Alcalde do Concello de Monforte de Lemos con arreglo ó modelo que figura ó final destas bases, no Rexistro do Concello ou na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1922, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Lugo.
Igualmente, os aspirantes terán que xuntar á súa solicitude os documentos orixinais ou fotocopias debidamente compulsada acreditativas dos méritos que aleguen (O incumprimento deste requisito impedirá que o tribunal os teña en conta na correspondente fase de avaliación), DNI ou pasaporte, Título requerido e xustificante acreditativo de ter ingresada a cantidade de 90 euros en concepto de dereitos de exame ao abeiro da Ordenanza Reguladora de Taxas para o estudio, análise e expedición de documentos, publicada no BOP de Lugo de 14 de Novembro de 2008.
As instancias/solicitudes tamén se poderán presentar nas formas que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das AAPP. e procedemento administrativo común.
Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, publicarase no taboleiro de anuncios do Concello a lista de admitidos e excluídos, indicando a causa de exclusión, concedéndose un prazo de cinco (5) días naturais a contar dende o día seguinte o da publicación, para subsanar os posibles defectos ou omisións na documentación presentada. De non existir aspirantes excluídos ,o Alcalde Presidente poderá elevar a definitiva a lista provisional na mesma resolución de aprobación.
Igualmente se publicarán no taboleiro de anuncios e na Páxina Web do Concello as datas, lugar, resultados das probas que se realicen así como tódolos anuncios derivados da presente convocatoria.
Para calquera aclaración ou información adicional os interesados poderán poñerse en contacto co teléfono 982 416540 e 982403893.
V- TRIBUNAL:
O Tribunal contará cun/cunha Presidente/a, un/unha Secretario/a e como mínimo tres vocais, debendo designarse o mesmo número de Suplentes. Todos os membros do tribunal deberá posuír a mesma ou superior Titulación á esixida para a praza convocada.
Na composición do Tribunal respectarase o principio de composición equilibrada entre mulleres e homes, de tal xeito que alomenos dous/dúas dos/as seus/súas compoñentes deben pertencer ao sexo menos representado no mesmo. A tal fin, os derradeiros postos a cubrir no Tribunal serán o de vocal designado pola Alcaldía e o de secretario/a.
De cada un dos/as membros/as anteriores nomearanse tamén os correspondentes suplentes, seguindo os mesmos criterios.
Todas as persoas compoñentes do Tribunal ostentan o seu cargo e desenvolven o seu labor a título individual, sen que actúen en representación de ninguén.
As persoas que forman parte do Tribunal deberá absterse de intervir, comunicando a dita circunstancia ao órgano designante, cando concorran nelas calquera das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes ás probas selectivas de acceso nos cinco anos inmediatamente anteriores á publicación desta convocatoria, consonte co disposto no artigo 13.2º do Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, do regulamento xeral de ingreso.
Os aspirantes poderán recusa-las persoas compoñentes do tribunal de conformidade co previsto nos artigos 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico e do procedemento administrativo común.
O Tribunal poderá dispo-la incorporación ós seus traballos de asesores/as especialistas, con voz pero sen voto, para as probas en que así o estimen necesario ou conveniente. Os/as citados asesores/as limitaranse a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas.
Os membros concorrentes ás sesións do Tribunal e para os efectos de percepción de asistencias se clasificarán consonte o establecido no artigo 33 do Real Decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razón de servizo
O Tribunal na súa actuación axustarase ao establecido nas presentes bases; no non disposto seralle de aplicación á normativa prevista para a formación da vontade dos órganos colexiados, tanto na lei 30/1992 do 26 de novembro como na demais normativa de aplicación. .
O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade das súas persoas compoñentes, titulares ou suplentes indistintamente.
VI- SISTEMA DE SELECCIÓN:
O sistema de selección será o concurso - oposición libre de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 7/2007, de 12 de abril, del Estatuto Básico do Empregado Público.
Será obxecto de valoración a carreira profesional e formativa dos aspirantes, conforme aos méritos que a continuación ser relacionan:
1-CONCURSO:
a) Superación de exames :
a.1)Superación da totalidade dos exames nun proceso selectivo na Administración Local para unha praza de Subgrupo A1 de similares características á convocada realizados nos últimos cinco anos valorarase con dous puntos.
a.2)Superación dalgún exercicio nun proceso selectivo na Administración Local para unha praza de Subgrupo A1 de similares características á convocada valorarase cun punto a superación de dous ou mais exercizos dun proceso selectivo. Outorgarase 0,5 puntos pola superación dun so exercicio do proceso das características antes sinaladas.
A puntuación máxima por este apartado será de tres puntos.
b) Experiencia profesional : na mesma categoría ou en posto similar valorarase a razón de :
b.1) Por cada ano de prestación de servizos na Administración Local un punto ou fracción equivalente en caso de períodos inferiores. b.2) Por cada ano de prestación de servizos na Administración Autonómica 0,75 puntos ou fracción equivalente en caso de períodos inferiores. b.3) Por cada ano de prestación de servizos noutras Administracións non sinaladas anteriormente 0,50 puntos ou fracción equivalente en caso de períodos inferiores.
As actividades que non fose realizadas a tempo completo, serán valoradas en proporción ó tempo de desenvolvemento das mesmas, en relación coa xornada laboral habitual no sector da actividade (37,50 horas semanais).
Os méritos alegados polos /polas aspirantes deberán acreditarse para a súa valoración, mediante certificación expedida pola autoridade ou funcionario competente, que reflicta o corpo ou grupo profesional de pertenza e as tarefas desempeñadas.
Non se poderá acadar nesta parte da Fase de Concurso máis de cinco puntos.
c)Formación:
c.1) Cursos de formación relacionados co temario anexo as presentes Bases impartidos polas Administracións Públicas e centros ou entidades acollidos ao Plan de formación continua das Administracións Públicas, que sexan realizados nos dez anos anteriores a publicación da presente convocatoria, valoraranse a razón de :
- Ata 2 Horas 0,05 puntos. - De 20 a 50 horas 0,10 puntos. -De 51 a 80 horas 0,15 puntos. -De 81 a 150 horas 0,35 puntos. -De 151 a 300 horas 0,75 puntos. -Máis de 300 horas 1 punto.
Os curso de informática non poderán superar un punto. Nos cursos nos que non se acredita o número de horas se asignará a puntuación mínima. A puntuación máxima por este apartado non poderá superar dous puntos.
c.2) Coñecemento da lingua galega: -Celga 3:0,25 puntos. -Celga 4: 0,50 puntos. -Curso de linguaxe administrativo ( nivel medio): 0,75 puntos. -Curso de linguaxe administrativo ( nivel superior): un punto.
Puntuarase unicamente o curso de maior nivel.
Non se poderá acadar nesta parte da Fase de Concurso máis de dous puntos.
2-OPOSICIÓN:
Consistirá na resolución dun ou varios supostos teórico-prácticos propostos polo tribunal sobre o contido do programa especificado no Anexo destas Bases, no tempo máximo de tres horas e cunha valoración como máximo de 20 puntos, sendo necesario para superalo obter polo menos 10 puntos .( O/A/s aspirante/s podrán levar textos legais soamente na parte práctica do exame)
O Tribunal valorará na resolución do suposto os coñecementos e á axeitada aplicación da normativa vixente, a capacidade de sintese , claridade e sistemática na formulación das conclusións.
O exercicio terá que lerse obrigatoriamente ante o Tribunal, en sesión pública.
A puntuación final do proceso virá determinada pola suma das puntuación obtidas na Fase de Concurso e na Fase de oposición, resultando así a cualificación final e a orde de puntuación. En caso de empate a orde dos aspirantes establecerase polos seguites criterios, de utilización sucesiva de persistir o empate:
1º) Maior puntuación experiencia. 2º) Maior puntuación por ter aprobado ejercicios de oposicións. 3º) Maior puntuación por formación. 4º) Maior idade.
VII-CREACIÓN E XESTIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO:
Todos os aspirantes que que superen a fase de oposición e cumpran os requisitos sinalados na base III pasarán a formar parte dunha bolsa de emprego para a cobertura con carácter de interino das posible vacantes que no posto de Técnico de Administración Xeral se poidan dar.
A inclusión na lista farase polo orden de puntuación final-suma da fase de concurso e oposición- obtida polos aspirantes.
A bolsa de emprego resultante desta proceso selectivo terá unha vixencia máxima de dous anos.
Cando sexa necesario proceder o chamamento para cubrir a praza, trala tramitación do seguinte procedemento, ofertarase ao primeiro da lista que estea pendente de chamar por orde de mellor puntuación.
A medida que se produzan necesidades cuxa cobertura sexa solicitada procederase da seguinte forma:
Os Servizos do Concello poranse en contacto telefónico co aspirante, seguindo rigorosamente a orde establecida na lista. No caso de que non se poida localizar a un aspirante de forma telefónica, intentarase por medio dun SMS e dun correo electrónico (de existir dirección), debendo o aspirante dar unha contestación no prazo máximo de setenta e dúas horas; sendo o aspirante non localizado colocado na mesma posición que tiña adxudicada orixinariamente na lista de espera.
Se o aspirante rexeita a oferta de emprego, pasará ao final da lista, salvo que o interesado manifeste expresamente a súa vontade de ser excluído da mesma.
O aspirante que integrado nunha lista de espera, sexa chamado para cubrir unha necesidade e alegue e xustifique a imposibilidade de incorporación efectiva por estar traballando, ou de baixa laboral, continuará na lista de espera na mesma posición que ocupaba inicialmente, aínda que non será activado na lista e chamado para unha nova oferta ata que o propio aspirante comunique aos Servizos Centrais que esta dispoñible por haberse modificado a causa que alegou para non aceptar a oferta de traballo. Destas incidencias deixarase constancia no expediente administrativo.
Se existise no momento do chamamento máis dunha vacante dispoñible que deba ser cuberta, estas deberanse ofertar aos aspirantes en función da orde de prelación que ostenten.O aspirante que sexa obxecto de nomeamento ou contratación, unha vez finalizada a súa prestación será colocado de novo na lista de espera na mesma posición que tiña adxudicada orixinariamente.
VIII.- INCIDENCIAS .
A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se derivasen desta e da actuación do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e formas previstas na Lei 30/1992.
O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se lle presentasen e toma-los acordos precisos para o bo fin do concurso -oposición .
IX-PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS:
O/a aspirante proposto/a para o seu nomeamento, nun prazo dun mes , contados a partir do día seguinte ó da recepción da oportuna notificación presentará no rexistro de documentos do Concello de Monforte de Lemos a seguinte documentación:
-Fotocopia compulsada do DNI. -Tarxeta Sanitaria. -Copia autenticada do título esixido ou certificación académica de estudios realizados, con xustificante do abono dos dereitos para a súa expedición. -Certificación médica acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que lle incapacite para o desenrolo do posto de traballo de que se trata. -Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración Pública, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme.
Quen dentro do prazo indicado, e salvo forza maior, non presente a documentación ou da mesma se deprendera que non reúne algún dos requisitos esixidos, non poderá ser nomeado/a quedando anuladas tódalas actuacións do proceso selectivo, sen perxuicio da responsabilidade en que puidera/n haber incorrido por falsidade nas súas solicitudes de participación.
X-RECURSOS ADMINISTRATIVOS
As Bases da convocatoria, e cantos actos administrativos se deriven delas e da actuación do tribunal, poderán ser impugnados nos casos e na forma establecida pola Lei 30/92, de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento común, modificada pola Lei 4/99. Así mesmo a Administración Municipal poderá, no seu caso, revisa-las resolucións do tribunal conforme ó previsto na citada Lei 30/1992, de 26 de novembro.
En Monforte de Lemos a 10 de Xaneiro de 2010.
Asina :
Mª Xosé Vega Buján Concelleira de Réxime Interno.
TEMARIO:
Tema 1.-A Constitución .Estructura e contido. Dereitos e Fundamentais. As Cortes Xerais. O Tribunal Constitucional. O goberno: Constitución e atribucións. O poder xudicial. A organización territorial do Estado.
Tema 2.- O marco lexislativo xeral en materia de Administración Local: As referencias constitucionais e autonómicas. A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local. O Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia do Réxime local. As modificación lexislativas posteriores máis relevantes. A Lei 5/1997, do 5 de agosto, da Administración Local de Galicia.
Tema 3.- Os chamados regulamentos locais: De Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporación Locais, De Bens das entidades locais, De Poboación e Demarcación Territorial, De Servizos.
Tema 4.- O Concello. A organización municipal. Os municipios de réxime común. Órganos necesarios:El Alcalde, Tenentes de Alcalde, O Pleno e A Xunta de Goberno Local. Órganos complementarios: Comisións Informativas e outros órganos.
Tema 5.- As competencias municipais. Sistema de determinación. Competencias propias,compartidas e delegadas. Os servizos mínimos obrigatorios. A reserva de servizos.
Tema 6.- Réxime de sesións e acordos dos órganos de goberno local. Actas, certificación,comunicación, notificación e publicación dos acordos. O Rexistro de documentos. Singularidades do procedemento administrativo das Entidades Locais. A revisión e revogación dos actos dos entes locais. Tramitación de expedientes. Recursos administrativos e xurisdiccionais.
Tema 7.- A Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, as súas modificacións posteriores. Ámbito obxectivo e subxectivo. As AA.PP. e as súas relacións. Estructura. Aspectos máis relevantes. O procedemento administrativo. Fases. A obriga de resolver e as consecuencias do seu incumprimento. Termos e prazos.
Tema 8.- O acto administrativo: Concepto e clases, Requisitos, efectos e notificación.Teoría da invalidez do acto administrativo. Categorías: Nulidade de pleno dereito, anulabilidade, irregularidades non invalidantes. A revisión dos actos en vía administrativa. A revisión de oficio. Os recursos administrativos: Concepto, obxecto, clases e características. O recurso potestativo de reposición. O recurso de Alzada. O recurso extraordinario de revisión. Recursos administrativos e suspensión. As reclamación previas ó exercicio de accións civís e laborais.
Tema 9.- A Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción contencioso - administrativa. Órganos e competencia. As partes. Obxecto do recurso. Breve referencia ó procedemento en primeira ou única instancia. A execución das Sentencias.
Tema 10. O procedemento en primeira ou única instancia. Medidas cautelares. A sentencia:Recursos contra sentencias. A execución da sentencia. Procedementos especiais.
Tema 11.- .- A responsabilidade patrimonial da Administración. Antecedentes e evolución. Os principios constitucionais e o seu desenvolvemento lexislativo e regulamentario. Requisitos e doutrina xurisprudencial ó respecto. Procedementos administrativos : Ordinario e abreviado. A Responsabilidade de Autoridades e persoal ó servizo das AA.PP:
Tema 11.- A Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público.Concepto e clases e procedemento de adxudicación dos contratos das AA.PP. Órganos de contratación e requisitos para ser contratista. Procedementos e formas de adxudicación. Causas e efectos da extinción dos contratos administrativos. O Regulamento xeral da Lei de contratos das AA.PP.
Tema 12. Perfeccionamento e formalización dos contrato.Invalidez, execución e modificación de los contratos administrativos. Prerrogativas da Administración. A revisión de precoz. Extinción dos contratos administrativos. Cesión e subcontratación.
Tema 13. O contrato de obras. Actuacións administrativas preparatorias. Formas de adxudicación. Efectos. Extinción. O contrato de concesión de obra pública: Principios, dereitos e obrigas das partes. Prerrogativas e dereitos da Administración. Réxime económico financeiro.O contrato de subministro: Réxime xurídico. Execución, modificación, cumprimento e resolución. O contrato de servizos: Réxime xurídico: Execución, modificación, cumprimento e resolución.
Tema 14.- Os contratos de colaboración entre o sector público e o sector privado. Organización administrativa da contratación. Aplicación da lei de contratos do sector público as entidades locais.
Tema 15.- A Lei 33/2003 de 3 de novembro do patrimonio da Administracións Públicas. O Regulamento de Bens das Entidades Locais. Dominio Público local: Réxime xurídico. Uso e utilización do mesmo. Os bens patrimoniais ou de propios: Réxime xurídico.
Tema 15 - A execución orzamentaria: A xestión administrativa e gasto público. Fases do gasto. O Control interno e externo da actividade económico financeira dos entes Locais.
Tema 16.-A actividade administrativa de prestación de servizos. A iniciativa económica pública e os servizos públicos. O servizo público. Concepto. Evolución y creses. A formas de xestión dos servizos públicos municipais.
Tema 17.- A actividade administrativa de policía: A autorización administrativa. A policía de seguridade pública. Actividade de fomento en particular a actividade subvencional da Administración. Procedementos de concesión e xestión de subvencións.
Tema 18.- As licencias municipais. Especial referencia ás licencias de actividade. Decreto 133/2008, 12 de xuño de avaliación da incidencia ambiental; Decreto 2414/1961, de 30 de novembro, RAMIN; R.D 2816/1982, de 27 de agosto, por el que se aproba o Regulamento Xeral de Policía de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas e normativa autonómica de aplicación.
Tema 19.- O persoal ao servizo das Corporacións Locais: Clases e réxime xurídico. Os instrumentos de organización do persoal.A oferta de emprego, os plans de emprego e outros sistemas de racionalización. O acceso ao emprego local: Principios reguladores. Requisitos. Sistemas selectivos.Extinción da condición de empregado público. O réxime de provisión de postos de traballo.As situacións administrativas.
Tema 20.- A relación estatutaria. Dereitos e deberes dos funcionarios locais. Réxime da Seguridade Social. Réxime disciplinario. Réxime de incompatibilidades.
INSTANCIA PARA PARTICIPAR EN PROCESO SELECTIVO :
D/Dª………………………………......................................................., provisto/a de DNI ………........................, e con domicilio en ……………........................................................................................................................, enterado/a da convocatoria dunha praza de………………………………………………., publicada no BOP de Lugo número ……...............….,
MANIFESTA:
-Que acepta as bases da convocatoria. -Que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes cumpre tódolos requisitos esixidos nas bases. -Acompaña os documentos acreditativos dos méritos que se alegan para a fase de concurso. -Presenta xustificante do pago das taxas.
........................................………a………., de ……… de 200....
Asina:
DATOS PERSOAIS
APELIDOS E NOME------------------------------------------------------------------------
DNI-----------------------------------------------------------------------------------------
ENDEREZO---------------------------------------------------------------------------------
---------------------------------------------------------------------------------------------
TELEFONO---------------------------------------------------------------------------------
CORREO ELECTRÓNICO-------------------------------------------------------------------
DECLARA:
Que enterado/a do anuncio de convocatoria para a provisión dunha praza de -------
------------------------------------------------------------------------, e coñecedor/a
das bases acepta as mesmas e manifesta:
- Naceu o día _____ de __________________ de ________.
- Está en posesión do título de: __________________________________________________________
XUSTIFICACION DE PAGO DAS TASAS DE PARTICIPACIÓN: (-------- € na Conta número 2091/0126/90/3110000019)
Espacio para certificación mecánica do Banco , o no seu defecto firma autorizada
Lugar , data e sinatura.
SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS.
DATOS PERSOAIS
APELIDOS E NOME------------------------------------------------------------------------
DNI-----------------------------------------------------------------------------------------
ENDEREZO---------------------------------------------------------------------------------
---------------------------------------------------------------------------------------------
TELEFONO---------------------------------------------------------------------------------
CORREO ELECTRÓNICO-------------------------------------------------------------------
DECLARA:
Que enterado/a do anuncio de convocatoria para a provisión dunha praza de -------
------------------------------------------------------------------------, e coñecedor/a
das bases acepta as mesmas e manifesta:
- Naceu o día _____ de __________________ de ________.
- Está en posesión do título de: __________________________________________________________
XUSTIFICACION DE PAGO DAS TASAS DE PARTICIPACIÓN: (-------- € na Conta número 2091/0126/90/3110000019)
Espacio para certificación mecánica do Banco , o no seu defecto firma autorizada
Lugar , data e sinatura.
SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS.
DATOS PERSOAIS
APELIDOS E NOME------------------------------------------------------------------------
DNI-----------------------------------------------------------------------------------------
ENDEREZO---------------------------------------------------------------------------------
---------------------------------------------------------------------------------------------
TELEFONO---------------------------------------------------------------------------------
CORREO ELECTRÓNICO-------------------------------------------------------------------
DECLARA:
Que enterado/a do anuncio de convocatoria para a provisión dunha praza de -------
------------------------------------------------------------------------, e coñecedor/a
das bases acepta as mesmas e manifesta:
- Naceu o día _____ de __________________ de ________.
- Está en posesión do título de: ________________________________________________________
XUSTIFICACION DE PAGO DAS TASAS DE PARTICIPACIÓN: (-------- € na Conta número 2091/0126/90/3110000019)
Espacio para certificación mecánica do Banco , o no seu defecto firma autorizada
Lugar , data e sinatura.
SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS.
| | Documentación Adicional | BASES CONVOCATORIA Formato:.pdf Tamaño: 133,73 Kb | | [...voltar] |
|
| |
|
|
|
|