Monforte de Lemos... Capital da Ribeira SacraMonforte de Lemos... Capital da Ribeira Sacra  
 


  Centro Comercial Urbano Monforte

  Centro do Viño da Ribeira Sacra

  Estudio Socioeconómico...

  Residencia do Morín

  Banco de Tempo de Monforte de Lemos

  Servizo para atopar a Emigrantes e Familias

  Asociación de profesionais de Turismo Rural

  Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular

  Plataforma Autocaravanas Autónoma


 

Monforte de Lemos, 28/10/2009
BASES DO III CERTAME DE CARTEIS INFANTÍS “ UN PASO MÁIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO ”
BASES DO III CERTAME DE CARTEIS INFANTÍS “ UN PASO MÁIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO ”

Presentación.

A Concellería de Igualdade do Concello de Monforte de Lemos, a través do Centro de Información á Muller, promove o III Certame de Carteis Infantís baixo o título “UN PASO MÁIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”.
A convocatoria forma parte da campaña de sensibilización e concienciación que dende esta concellería se está a organizar co gallo do “Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres”, que se conmemora o próximo 25 de novembro.
Á súa vez, a campaña de sensibilización inscríbese no marco do V Plan de Igualdade do Goberno Galego, concretamente na cuarta liña estratéxica que abrangue de xeito específico a abordaxe integral da violencia de xénero e que contempla no seu obxectivo específico 4.1 a sensibilización e concienciación sobre o problema que representa a violencia de xénero para o conxunto da sociedade.

Temática.

O tema que deberán contemplar os carteis responderá ao lema “UN PASO MÁIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”, abordándose o problema da violencia contra as mulleres na nosa sociedade.

Destinatarios.

Poderá concorrer ao certame todo o alumnado pertencente aos Centros Educativos do Concello de Monforte que curse 5º e 6º de primaria.

Obxectivos.

Promove-la sensibilización e concienciación das nenas e nenos da nosa comunidade respecto á violencia contra as mulleres.
Favorece-la implicación da comunidade educativa na loita pola erradicación da violencia contra as mulleres.

Criterios de cualificación.

Os carteis serán valorados en función da súa creatividade, orixinalidade, manexo da técnica e mensaxe.

Premios.

Elixirase un debuxo por colexio o cal será premiado cunha reprodución do mesmo que será empregada como deseño dunha alfombriña de computador.

Xurado.

O xurado estará composto polo Excmo. Sr. Alcalde, a Concelleira de Igualdade e Benestar e os Directores e Directoras do Centros Educativos.

Formato.

A técnica será: Debuxo, pinturas, cera, acuarela...
Os traballos poderán presentarse sen rótulo ou con el.
As dimensións permitidas serán dun tamaño folio Din A4.
Os debuxos realizaranse en sentido vertical ou horizontal.
Admitiranse ata catro carteis por curso.
Para a súa identificación, no reverso de cada obra participante deberán constar os datos do curso e do centro educativo.

Prazo de entrega.

A entrega dos carteis deberá ter como data límite, o venres 13 de novembro de 2009. Se presentarán nas dependencias do Centro de Información á Muller do Concello de Monforte, situadas na Rúa Ricardo Quiroga s/n, en horario de 8 a 15 horas.

Exposición.

Os carteis quedarán en propiedade do Concello de Monforte que poderá reproducilos libremente, sen que tal reproducción implique ningún dereito. Os carteis serán expostos o día 25 de novembro, no Acto que se celebrará en conmemoración dese día no Parque dos Condes sendo no citado acto o momento no que se fará público o resultado do certame sinalando os debuxos premiados.
A partir do día 30 de novembro tódolos debuxos se exporán durante unha semana en cada colexio participante no Certame, a orde a seguir para a mesma será utilizando o nome do colexio e seguindo o criterio de orde alfabética.
Os traballos premiados serán arquivados e poderán ser devoltos a petición das persoas interesadas nun prazo de 30 días.

Aceptación.

A participación neste certame implica o coñecemento e conformidade con contido das presentes bases, motivo polo cal non se poderán realizar impugnacións unha vez finalizada a presentación e ante posibles dúbidas sobre o contido e interpretación das mesmas prevalecerá o criterio da Concellería de Igualdade.


Monforte de Lemos, 22 de outubro de 2009.





Asdo. Concelleira de Igualdade
Ana Mª Casal Rivas




[...voltar]


 
 
en Galego...  en Castellano...  English...
 
Cómo Chegar
 
Mapa Concello
 
Rueiro
 
Guía Local
 
 
Actualidade: Día a Día
 
Actualidade: Axenda Cultural
 
Actualidade: Axenda Deportiva
 
Monforte en imaxes...
 
Perfil do Contratante
 
Actualidade: Convocatorias e Prazos
 
 
     
        aviso legal    |     info@concellodemonforte.com     |     Documentación e Desenrolo: Rural Consulting S.L.   |    Programación: @inet Consulting S.L.