BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA A CELEBRACIÓN DE FESTAS DE BARRIOS E PARROQUIAS NO EXERCICIO 2009
Dende a Concellaría de Cultura do Concello de Monforte de Lemos preténdese apoiar e incentivar a realización de festexos populares nas parroquias e barrios do Municipio.
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para realizar festas populares nos barrios e parroquias do Concello de Monforte.
2.- BENEFICIARIOS.
Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria tódalas parrroquias e barrios do Concello de Monforte de Lemos que promovan festas populares, actuando como representantes os organizadores das mesmas que xustifiquen: a) Carácter tradicional dos actos para os que solicita a axuda. b) Non ser debedor do Concello por calquera tipo de débeda de dereito público. c) Declaración responsable na que consten as subvencións e/ou axudas solicitadas para a mesma finalidade, con expresión da súa contía, comprometéndose a comunicar ó Concello a concesión de calquera outra axuda de Entes públicos ou privados. d) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario das subvencións previstas no art. 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
3.- CONTÍA E LIMITES DAS SUBVENCIÓNS.
A importe de cada subvención non poderá superar os 450,00 € no caso de festas parroquiais, e os 1.300,00 € no caso de barrios da cidade. As axudas reguladas na presente bases terán carácter único e non acumulativo. En ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras Administracións públicas ou entes públicos ou privados, poderá superar o custo da actividade a desenvolver polo beneficiario.
4.- APLICACIÓN ORZAMENTARIA.
Para o financiamento destas subvencións destínase un crédito máximo de 16.900,00 euros que se imputará á partida 451.489.00 do Orzamento municipal do ano 2009.
5.- SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR.
Os interesados deberán presentar solicitude de acordo co modelo normalizado que figura como anexo I das presentes bases.
A solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
a) Fotocopia do CIF no caso de persoas xurídicas e do NIF no caso de persoas físicas., de tódolos membros da comisión organizadora. b) Memoria explicativa detallada do programa de actividades realizado ou que se pretende realizar, con especificación da data, lugar de realización, responsables do desenvolvemento da actividade, obxectivo e fins concretos a que se destinaran os fondos. c) Datos bancarios da conta á que se poderá transferir o importe da subvención, debidamente certificada pola entidade bancaria. d) Declaración responsable da entidade solicitante no que conste as subvencións e/ou axudas solicitadas para a mesma finalidade, con expresión da súa contía, comprometéndose a comunicar ó Concello a concesión de calquera outra axuda de Entes públicos ou privados. e) Declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario. f) Declaración responsable de non ser debedor á Facenda Estatal e Autonómica, nin a Seguridade Social. g) Calquera outro documento que se considere de interese para a mellor avaliación da subvención.
6.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN.
A instancia coa restante documentación solicitando a subvención, presentarase no Rexistro Xeral do Concello, Campo se San Antonio s/n, CP 27400, Monforte de Lemos, Lugo ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio de aprobación das presentes Bases no Boletín Oficial da Provincia.
Se as solicitudes presentadas non reúnen os requisitos sinalados, requirirase ós interesados para que no prazo máximo e improrrogable de dez días subsanen as anomalías advertidas, de non facelo teráselle por desistido da súa solicitude.
7.- CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS E A SUA PONDERACIÓN.
A subvención ten carácter voluntario e polo tanto non existe obriga de conceder as axudas a todas as solicitudes que se presenten e cumpran as bases desta convocatoria. Os criterios de valoración para o sinalamento da subvención e fixación da súa contía, serán os seguintes: a) Adecuación dos proxectos, actividades e obxectivos ós fins da subvención. b) Carácter continuado e non ocasional do proxecto, así como a súa proxección social, con especial valoración do mantemento da tradición e o carácter cultural da actividade c) Número estimado de persoas que resulten beneficiarias do desenvolvemento do proxecto.
8.- INSTRUCCIÓN.
A instrución do procedemento de concesión de subvencións corresponde ós servizos administrativos da Concellaría de Cultura, que realizarán, de oficio, cantas actuacións estimen necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución de acordo co informe de valoración emitido pola Comisión de Valoración.
9.- COMISIÓN DE VALORACIÓN
Estará formada polo Alcalde, o Concelleira de Cultura e un funcionario do servizo de Intervención do Concello e terá como función a emisión dun informe no que se concrete o resultado da avaliación realizada.
10.- RESOLUCIÓN
A Xunta de Goberno Local, a vista da proposta de resolución definitiva, resolverá o procedemento.
A resolución será motivada e conterá, ademais, do solicitante ou relación de solicitantes ós que se concede a subvención a desestimación do resto das solicitudes. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de un mes a contar dende o remate do prazo establecido para presenta-la solicitudes. Transcorrido o referido prazo sen que os interesados obteñan resposta expresa á súa solicitude, entenderase desestimada a petición. O vencemento do prazo sen ter notificado a resolución, lexitima ós interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de subvencións.
11.-ACEPTACIÓN DA SUBVENCIÓN E COMPROMISOS
A subvención entenderase aceptada polo solicitante se dentro do prazo de 10 días seguintes á recepción da comunicación da concesión, non manifesta nada en contra. Os beneficiarios das subvencións, unha vez aceptadas estas, quedarán obrigados a destinar os fondos percibidos para o obxecto concreto para o que foron concedidas. Os beneficiarios, ademais de realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención nos prazos sinalados, someterase ás actuacións de comprobación e seguimento da aplicación da subvención e facilitará canta información lle sexa requirida.
12.- RECURSOS.
Contra a resolución definitiva, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes, si o acto foi expreso ou de tres meses si o acto presunto, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo.
13.- OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS.
As xerais recollidas na Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello e na Lei Xeral de Subvencións (artigos 10 e 14 respectivamente).
14.-FORMA E PRAZO DE PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN.
O pagamento realizarase mediante transferencia bancaria, previa presentación do certificado bancario con número da conta do titular e xustificación nos termos sinalados no punto 15 destas bases.
Non poderá realizarse o pago da subvención mentres o beneficiario non se atope ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias ou coa Seguridade social ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.
15.- XUSTIFICACIÓN.
O prazo de presentacións da xustificación rematará o 27 de novembro de 2009. 1. Para poder percibir as subvencións concedidas, os beneficiarios presentarán a documentación xustificativa indicada no seguinte punto, no Rexistro do Concello, mediante unha instancia dirixida ó Alcalde, coa data límite do 27 de novembro de 2009. 2. A xustificación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto de concesión da subvención realizarase mediante a presentación da conta xustificativa. A rendición da conta xustificativa constitúe un acto obrigatorio que deberá comprender o seguinte: a) Xustificación do gasto subvencionado que deberá realizarse mediante a presentación de facturas orixinais ou fotocopias compulsadas das mesmas e demais documentación de valor probatorio ou equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil e eficacia administrativa. En todo caso, deberá acreditarse debidamente o pago das facturas e demais documentos presentados como xustificación dos gastos subvencionados. b) Declaración xurada do beneficiario que acredite a realización da actividade e que as facturas que se presentan foron aplicadas á actividade subvencionada. c) Calquera outra documentación que lle sexa solicitada polo Concello en relación co outorgamento da subvención.
16.- REINTEGRO DE SUBVENCIÓNS.
Procederá o reintegro das cantidades percibidas nos seguintes casos:
a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para elo ou ocultando aquelas que o impediran. b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade, do proxecto ou a non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención. c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente. d) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro. e) Incumprimento das obrigas impostas pola administración, así como dos compromisos asumidos polos beneficiarios das subvencións, sempre que afecten ou se refiran o obxecto da subvención. f) A adopción dunha decisión da cal se derive a necesidade de reintegro.
17.- DISPOSICION ADICIONAL:
No non previsto nas presentes bases estarase ó disposto na ordenanza xeral reguladora da concesión de subvencións municipais e, de xeito supletorio, na Lei 38/2003, do 17 de novembro de, Xeral de Subvencións e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.
Monforte de Lemos, a 23 de xullo de 2009.
O ALCALDE.
ANEXO I
SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA A CELEBRACIÓN DE FESTAS PARROQUIAIS E DE BARRIOS DA CIDADE.
PARROQUIA/BARRIO
DATOS DO REPRESENTANTE
Nome e Apelidos D.N.I Domicilio Teléfono
DEMÁIS MEMBROS DA COMISIÓN DE FESTAS
D.N.I Nome e Apelidos
DOCUMENTACIÓN PRESENTADA
o Fotocopia do CIF no caso de persoas xurídicas e do NIF no caso de persoas físicas. o Datos bancarios da conta á que se poderá transferir o importe da subvención, debidamente certificada pola entidade bancaria. o Declaración responsable da entidade solicitante na que consten as subvencións e/ou axudas solicitadas para a mesma finalidade, con expresión da súa contía, comprometéndose a comunicar ó Concello a concesión de calquera outra axuda de Entes públicos ou privados. o Declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario. o Declaración responsable de non ser debedor á Facenda Estatal e Autonómica, nin a Seguridade Social.
Don _________________________________________________ con D.N.I. ______________ en representación da comisión de festas da parroquia de________________________________
SOLICITA unha subvención por importe de ________________ € para a celebración da festa da parroquia/barrio de_________________________ __________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________ de acordo coa correspondente convocatoria de subvencións do ano 2009.
DECLARA: o que son certos cantos datos figuran nesta solicitude e na documentación que se adxunta, o que o solicitante non concorre ningunha das circunstancias que impidan obter a condición de beneficiario de subvencións públicas establecidas no artigo 13 da Lei Xeneral de Subvencións, o non ser debedor á Facenda Estatal e Autonómica, nin a Seguridade Social.
o ter solicitado e/ou recibido as seguintes subvencións e/ou axudas para a mesma finalidade: • Contía:_________________________€ • Organismo/s: _____________________
Monforte de Lemos, a de de 2009. Asdo:
SR. ALCALDE DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS
|