| |









|
|
 |
| |
| Monforte de Lemos, 19/05/2009 | | Bases para a provisión dun posto de técnico/a de grao superior para os servizos sociais | BASES ESPECÍFICAS PARA A PROVISIÓN EN REXIMEN DE LABORAL TEMPORAL DUN POSTO DE TECNICO/A DE GRAO SUPERIOR A XORNADA COMPLETA O ABEIRO DO PLAN CONCERTADO DO 2009:
1.-NORMAS XERAIS. As probas selectivas rexeranse polo previsto nestas bases e polo disposto na Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público,Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, Decreto Lexislativo 1/2008, so 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da Función Publica de Galicia, Lei 5/1997, do 22 de Xullo, de Administración Local de Galicia, Decreto 896/1991, do 7 de xuño, regras básicas e programa mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da administración local, o R.D. 95/1991, do 20 de marzo, da Comunidade Autónoma de Galicia pola que se arriba o regulamento de selección de persoal e , supletoriamente , o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso de persoal ó servizo da Administración Xeral do Estado e demais lexislación concordante que sexa de aplicación.
2.-OBXECTO DA CONVOCATORIA E DURACIÓN DO CONTRATO
-O obxecto da convocatoria é a cobertura duna praza de Técnico/a de grao superior mediante contrato de obra e servizo a XORNADA COMPLETA , para realizar labores de Intervención Psicolóxica no ámbito dos Servizos Sociais.
-A duración do contrato será dende a data que fixe o Alcalde -Presidente na resolución que autorice a contratación ata o 31/12/2009 (ó abeiro do Proxecto permanente do Plan concertado entre o Concello de Monforte de Lemos e a Secretaría Xeral do Benestar para 2009).
-O proceso se desenvolve baixo os puntos de vista de igualdade efectiva entre homes e mulleres, mérito, capacidade, transparencia e publicidade (Web oficial do Concello de Monforte de Lemos, Taboleiro de anuncios do Concello de Monforte de Lemos e Periódico El Progreso ).
-O Real Decreto – Lei 5/2006, do 9 de xuño, para a mellora do crecemento e do emprego e materializada na Lei 43/2006, do 29 de decembro, para a mellora do crecemento do emprego, que modificou o art. 15.5 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo , polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores, establece que os/as traballadores/as que nun período de 30 meses houbesen estado contratados durante un prazo superior a 24 meses, con ou sen solución de continuidade, para o mesmo posto de traballo coa mesma empresa, mediante dous ou máis contratos temporais, coas mesmas ou diferentes modalidades contractuais de duración determinada, adquirirán a condición de traballadores/as fixos/as. Quedan expresamente excluídos do alcance da presente reforma os contratos laborais de interinidade, formativos e de relevo, pero si se inclúen os contratos de duración determinada por acumulación de tarefas ou circunstancias da producción e o contrato por obra ou servizo determinado. En consecuencia, en ningún caso serán contratadas as persoas que encaixen no suposto descrito no artigo 15.5 do Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores.
3- SISTEMA DE SELECCIÓN .
Concurso – oposición.
4.-REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES.
Para ser admitidos/as á realización das probas selectivas, os/as aspirantes deberán posuír, no día da finalización do prazo de presentación de solicitudes , os seguintes requisitos:
a) Ter nacionalidade española, sen perxuicio do disposto nos artigos 57 e 58 do Estatuto Básico do empregado público( Lei 7/2007, de 12 de abril ) en canto ao acceso ao emprego público dos nacionais e doutros Estados en condicións de igualdade. b) Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas do posto de traballo, sen perxuicio do acceso ó emprego público de persoas con discapacidade física ou psíquica debidamente acreditada, en grao igual ou superior ao 33%, nos termos recollidos no artigo 59 da Lei 7/2007, de 12 de abril. c) Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. d) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso o corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado/a ou inhabilitado/a. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ser sometido/a a sanción disciplinaria equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso o emprego público. e) Os/as aspirantes precisan estar en posesión ( ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias) do Título Académico de Licenciado/a en Psicoloxía, que se deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente.
Será nulo o nomeamento do/da aspirante que estea incurso en causas de incapacidade conforme á normativa vixente.
5.-SOLICITUDES
Os/as que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán presentar instancia, dirixidas ao Sr. Alcalde do Concello de Monforte de Lemos con arreglo ó modelo que figura ó final destas bases, no Rexistro do Concello ou na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1922, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no diario El Progreso. A instancia acompañarse inescusablemente de fotocopia do DNI e dos documentos acreditativos dos méritos que se aleguen para a súa valoración na fase de concurso, resgardo normalizado acreditativo do aboamento de 90€ de taxa de exame en concepto de dereito de exame ao abeiro da Ordenanza Reguladora de Taxas para o estudio, análise e expedición de documentos, publicada no BOP de Lugo de 14 de Novembro de 2008, así como, dun Proxecto a desenvolver sobre Intervención psicolóxica no ámbito dos Servizos Sociais no Concello de Monforte de Lemos, que explicará na primeira proba da Fase de Oposición. Para a xustificación dos méritos o/a aspirante que deba achegar documentación proveniente doutros organismos oficiais que non lla facilitasen antes da finalización do prazo de presentación de instancias, deberá aportar no devandito prazo a correspondente solicitude ou fotocopia compulsada, xunto cunha declaración comprometéndose a presentala nos dous días seguintes a aquel no que lle fose expedida.En todo caso non procederá a súa valoración senón fose achegada antes da data de celebración da sesión de valoración do concurso. Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, publicarase no taboleiro de anuncios do Concello a lista de admitidos/as e excluídos/as, indicando a causa de exclusión, concedéndose un prazo de dez (10) días hábiles a contar dende o día seguinte o da publicación, para subsanar os posibles defectos ou omisións na documentación presentada. O tribunal poderá solicitar que se complete ou aclare a documentación presentada para xustificar os méritos alegados. As reclamacións, se as houbera, serán resoltas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva, que se publicará do mesmo xeito que a provisional. Nesta mesma resolución figurará, lugar, data e hora da celebración da primeira proba do proceso selectivo De non existir aspirantes excluídos/as ,o Alcalde Presidente poderá elevar a definitiva a lista provisional na mesma resolución de aprobación. Igualmente se publicarán no taboleiro de anuncios do Concello as datas, lugar, resultados das probas que se realicen así como tódolos anuncios derivados da presente convocatoria.
Para calquera aclaración ou información adicional os interesados poderán poñerse en contacto co teléfono 982 416540.
6.- LISTA DE RESERVA.
Todos os/as aspirantes que cumpran os requisitos do punto 4 das presentes bases e acaden unha puntuación mínima de 5 puntos na fase de oposición, incluiranse nunha lista por orde de puntuación durante o período 2.010 - 2.011, para cubrir as vacantes temporais que no posto de Técnico/a de Grao Superior para o Departamento de Servizos Sociais que se poidan dar. Cando sexa necesario proceder o chamamento para cubrir a praza vacante, ofertarase á/ó primeiro/a da lista que estea pendente de chamar por orde de mellor puntuación. Cando un dos/das aspirantes incluído/a na lista fose chamado/a para ocupar un posto, ao rematar o período de contratación recuperará o seu lugar inicial na mesma, de xeito que pode ser chamado/a novamente para outra contratación, agás que renuncie expresamente á súa incorporación.
7.-TRIBUNAL CALIFICADOR.
Estará constituído da seguinte forma:
Presidente/a: Dona Elisa Fernández Rodríguez, funcionaria do Concello de Monforte de Lemos. Suplente: Dona María Teresa Diz Alonso, Habilitada de carácter estatal. Secretario/a: O Secretario da Corporación Don Juan Fco. Sanchéz González con voz e voto. Suplente: Rosa Abelleira Fernández. Funcionarios/as Habilitados de carácter estatal Vocais: Don Carlos Rodríguez Fernández, Don Angel Encinar Arias, Dona Miguel Piñeiro , Funcionario,Persoal Laboral Fixo do Concello de Monforte de Lemos e Funcionario Habilitado de carácter estatal respectivamente. Suplentes:Dona Marta Roca Naveira, Don Eduardo Mera Rico e Dona Ana I. Candame Areosa, Funcionarios/as Habilitados de carácter estatal.
Asesora: Traballadora Social dos Servicios Sociais Municipais do Concello de Monforte, que terá voz pero non voto. As persoas que forman parte do Tribunal deberá absterse de intervir, comunicando a dita circunstancia ao órgano designante, cando concorran nelas calquera das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes ás probas selectivas de acceso nos cinco anos inmediatamente anteriores á publicación desta convocatoria, consonte co disposto no artigo 13.2º do Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, do regulamento xeral de ingreso. Asímesmo, os/as aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal cando neles concorra algunha das circunstancias previstas para a abstención, de conformidade co disposto no artigo 29 da citada Lei 30/1992. O Tribunal poderá dispo-la incorporación ós seus traballos de asesores/as especialistas, con voz pero sen voto, para as probas en que así o estimen necesario ou conveniente. Os/as citados asesores/as limitaranse a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. Os membros concorrentes ás sesións do Tribunal e para os efectos de percepción de asistencias se clasificarán consonte o establecido no artigo 33 do Real Decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razón de servicio O Tribunal na súa actuación axustarase ao establecido nas presentes bases; no non disposto seralle de aplicación á normativa prevista para a formación da vontade dos órganos colexiados, tanto na lei 30/1992 do 26 de novembro como na demais normativa de aplicación.
8.- PROCESO SELECTIVO. CONCURSO.
Non terá carácter eliminatorio e na mesma valoraranse:
A)Experiencia Profesional:
-Servizos prestados como Psicólogo/a en Programas de Servicios Sociais en calquera dos ámbitos de Intervención de Servicios Sociais na Administración Pública Local 0,30 puntos por ano traballado, ou fracción equivalente en caso de ser períodos inferiores.
-Servizos prestados como Psicólogo/a en Programas de Servicios Sociais en calquera dos ámbitos de Intervención de Servicios Sociais noutros campos relacionados coa intervención psicosocial e psicolóxica, noutra administración Pública : 0,20 puntos, por ano traballado, ou fracción equivalente en caso de ser períodos inferiores
-Servizos prestados como Psicólogo/a en Programas de Servicios Sociais en calquera dos ámbitos de Intervención de Servicios Sociais noutros ámbitos, 0,15 puntos por ano traballado, ou fracción equivalente en caso de ser períodos inferiores.
As actividades que non fose realizadas a tempo completo, serán valoradas en proporción ó tempo de desenvolvemento das mesmas, en relación coa xornada laboral habitual no sector da actividade.
Non se poderá acadar nesta parte da Fase de Concurso máis de tres puntos.
Os méritos alegados polos /polas aspirantes deberán acreditarse do seguinte xeito, dentro do prazo de presentación de instancias:
- Os Servizos prestados na Administración pública, mediante certificación expedida pola autoridade ou funcionario competente, que reflicta o corpo ou grupo profesional de pertenza e as tarefas desempeñadas.
- Os Servizos prestados en empresas privadas, mediante presentación do modelo oficial de certificado de empresa e vida laboral aos que deberán acompañar, inescusablemente, os contratos de traballo debidamente rexistrados no INEM.
En todo caso dos referidos documentos deberá desprenderse o posto de traballo que desempeñaba o interesado especificando as funcións e tarefas realizadas.
Os méritos valoraranse con referencia á data na que remate o prazo de presentación de instancias e acreditaranse documentalmente na solicitude de participación coa presentación dos orixinais ou fotocopias compulsadas.
B) Formación:
1. Cursos de Formación recibidos ou impartidos relativos á Intervención Psicolóxica no ámbitos dos Servicios Socias:
De menos de 40 horas 0,10 Puntos. De 40 a 80 horas 0,20 Puntos. De 81 a 160 horas 0,30 Puntos. De 161 a 300 horas 0,40 puntos.
Pola realización de realización de Cursos de perfeccionamento e especialización de carácter universitario, relacionados co posto de traballo e promovidos e realizados por Organismos públicos atendendo o seguinte baremo:
Experto/a ( 300 horas) 0,50 puntos. Master e especialistas ( 600 horas) un punto.
Non se poderá acadar nesta parte da Fase de Concurso máis de 1,50 puntos.
2. Por Cursos de formación recibidos ou impartidos en Políticas de Igualdade de Oportunidades:
Duración ata 50 horas 0, 10 puntos. De duración entre 50 horas e 100 horas 0,20 puntos. De máis de 100 horas 0,50 puntos.
Non se poderá acadar nesta parte da Fase de Concurso máis de 0,50 puntos.
A puntuación obtida nesta fase en ningún caso poderase aplicar coa finalidade de superar os exercicios da fase de oposición.
A puntuación obtida nesta fase publicarase no taboleiro de anuncios do concello e , en ningún caso poderase aplicar coa finalidade de superar os exercicios da fase de oposición.
OPOSICIÓN
Primeira proba.
Unha entrevista curricular e unha exposición da Memoria presentada coa Instancia, valorada como máximo en 10 puntos. Esta proba realizarase exclusivamente en lingua galega, segundo establece o artigo 35 do Decreto legislativo 1/2008 do 13 de Marzo.
Segunda proba.
Unha proba que consistirá na realización dunha traducción dun texto, castelán- galego ou galego – castelán, proposto polo Tribunal. O tempo máximo para a súa realización será de media hora. A súa valoración será de APTO/A ou NON APTO/A, sendo necesario para superalo obter a calificación de apto. Estarán exentos/as da realización desta última proba os/as aspirantes que acrediten a posesión do Certificado Celga 4, ou estudios oficiais equivalentes. Se resultara seleccionado un/unha aspirante que no opteña a calificación de Apto/a na segunda proba, deberá superar no prazo máximo dun ano dende o seu nomeamento, o exame realizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia ao efecto de certificar o coñecemento da lingua galega equivalente ao nivel Celga 4. Comezada a práctica dos exercicios, o Tribunal poderá requirir en calquera momento dos aspirantes acreditación da súa identidade.
9- VALORACIÓN DAS PROBAS:
A calificación da proba do a oposición, adoptaranse sumando as puntuación outorgadas polos distintos membros do tribunal e dividindo o total de puntos polo número de asistentes ao mesmo. A calificación definitiva de concurso oposición será o resultado da suma das puntuacións outorgadas polo tribunal na fase de oposición e na fase de concurso. Na resolución do concurso oposición o tribunal rexerase polo establecido nesta convocatoria especifica. De tal xeito, despois de rematar as probas , o tribunal proporá a contratación como persoal laboral temporal , mediante contrato de obra ou servizo determinado a XORNADA COMPLETA do/da aspirante que, na suma total das puntuación asignada no concurso e na oposición obtivera a maior puntuación. O tribunal non poderá declarar que superaron o proceso selectivo un numero superior de aspirantes ao de prazas convocadas.
10-PERIODO DE PROBA E RETRIBUCIÓNS
-Unha vez iniciados os traballos, fíxase un período de proba de quince días para o/a traballador/a .
- O/A traballador/a percibirá un retribución bruta establecida no Cadro de Persoal Temporal Municipal do Concello de Monforte de Lemos para este posto de traballo aprobada no Orzamento Municipal de 2009.
11-INTERPRETACIÓN
Para calquera dúbida que xurda na interpretación destas bases e no desenvolvemento das probas correspondentes estarase o que decida o tribunal por maioría de votos.
12- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS
O/a aspirante proposto/a para o seu nomeamento, nun prazo de trinta (30) días hábiles , contados a partir do día seguinte ó da recepción da oportuna notificación presentará no rexistro de documentos do Concello de Monforte de Lemos a seguinte documentación:
-Fotocopia compulsada do DNI. -Tarxeta Sanitaria. -Copia autenticada do título esixido ou certificación académica de estudios realizados, con xustificante do abono dos dereitos para a súa expedición. -Certificación médica acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que lle incapacite para o desenrolo do posto de traballo de que se trata. -Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración Pública, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme.
Quen dentro do prazo indicado, e salvo forza maior, non presente a documentación ou da mesma se deprendera que non reúne algún dos requisitos esixidos, non poderá ser nomeado/a quedando anuladas tódalas actuacións do proceso selectivo, sen perxuicio da responsabilidade en que puidera/n haber incorrido por falsidade nas súas solicitudes de participación.
13-RECURSOS ADMINISTRATIVOS
As Bases da convocatoria, e cantos actos administrativos se deriven delas e da actuación do tribunal, poderán ser impugnados nos casos e na forma establecida pola Lei 30/92, de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento común, modificada pola Lei 4/99. Así mesmo a Administración Municipal poderá, no seu caso, revisa-las resolucións do tribunal conforme ó previsto na citada Lei 30/1992, de 26 de novembro.
En Monforte de Lemos a 4 de Maio de 2009.
Asinan:
Vº Bo e conforme: Conforme:
Sonia Rois Fernández Juan Fco. Sánchez González Mª Xosé Vega Buxán
INSTANCIA PARA PARTICIPAR EN PROCESO SELECTIVO :
D/Dª ………………………………..................................................................................................., previsto de DNI ………....................................................................., e con domicilio en ……………............................................................................................................................................................, enterado da convocatoria dunha praza de………………………………………………., publicada ..........................……...............….,
MANIFESTA:
-Que acepta as bases da convocatoria. -Que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes cumpre tódolos requisitos esixidos nas bases. -Acompaña os documentos acreditativos dos méritos que se alegan para a fase de concurso. -Presenta xustificante do pago das taxas.
…………........................................………a………., de ……… de 200....
Asina:
XUSTIFICACIÓN DE PAGAMENTO DE TAXAS
DATOS PERSOAIS
APELIDOS E NOME-------------------------------------------------------------------------------
DNI-------------------------------------------------------------------------------------------------
ENDEREZO----------------------------------------------------------------------------------------
-----------------------------------------------------------------------------------------------------
TELEFONO----------------------------------------------------------------------------------------
DECLARA:
Que enterado/a do anuncio de convocatoria para a provisión dunha praza de -----------------
------------------------------------------------------------------------------------------------------, e coñecedor/a das bases acepta as mesmas e manifesta:
- Naceu o día _____ de __________________ de ________.
- Está en posesión do título de: _____________________________________
XUSTIFICACION DE PAGO DAS TASAS DE PARTICIPACIÓN: (------------------------€ na Conta número 2091/0126/90/3110000019)
Espacio para certificación mecánica do Banco , o no seu defecto firma autorizada
Lugar , data e sinatura.
SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS.
XUSTIFICACIÓN DE PAGAMENTO DE TAXAS
DATOS PERSOAIS:
APELIDOS E NOME-------------------------------------------------------------------------------
DNI-------------------------------------------------------------------------------------------------
ENDEREZO----------------------------------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------------------------------------------------
TELEFONO----------------------------------------------------------------------------------------
DECLARA:
Que enterado/a do anuncio de convocatoria para a provisión dunha praza de -----------------
-----------------------------------------------------------------------------------------------------, e coñecedor/a das bases acepta as mesmas e manifesta:
- Naceu o día _____ de __________________ de ________.
- Está en posesión do título de: _____________________________________
XUSTIFICACION DE PAGO DAS TASAS DE PARTICIPACIÓN: (------- € na Conta número 2091/0126/90/3110000019)
Espacio para certificación mecánica do Banco , o no seu defecto firma autorizada
Lugar , data e sinatura.
SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS. XUSTIFICACIÓN DE PAGAMENTO DE TAXAS
DATOS PERSOAIS
APELIDOS E NOME-------------------------------------------------------------------------------
DNI-------------------------------------------------------------------------------------------------
ENDEREZO----------------------------------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------------------------------------------------
TELEFONO----------------------------------------------------------------------------------------
DECLARA:
Que enterado/a do anuncio de convocatoria para a provisión dunha praza de -----------------
-----------------------------------------------------------------------------------------------------, e coñecedor/a das bases acepta as mesmas e manifesta:
- Naceu o día _____ de __________________ de ________.
- Está en posesión do título de: _____________________________________
XUSTIFICACION DE PAGO DAS TASAS DE PARTICIPACIÓN: (-------- € na Conta número 2091/0126/90/3110000019)
Espacio para certificación mecánica do Banco , o no seu defecto firma autorizada
Lugar , data e sinatura.
SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS
| | [...voltar] |
|
| |
|
|
|
|