BASES PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN/DUNHA ENFERMEIRO/A DO I. M. DE DROGODEPENDENCIA DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS CON CARÁCTER DE URXENCIA.
I-NORMAS XERAIS
As probas selectivas rexeranse polo previsto nestas bases e polo disposto na Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, Lei 4/1988, da Función Publica de Galicia, Lei 5/1997, do 22 de Xullo, de Administración Local de Galicia, Decreto 896/1991, do 7 de xuño, regras básicas e programa mínimos a que R.D. 95/1991, do 20 de marzo, da Comunidade Autónoma de Galicia pola que se arriba o regulamento de selección de persoal e , supletoriamente , o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso de persoal ó servizo da Administración Xeral do Estado e demais lexislación concordante que sexa de aplicación.
II-OBXECTO DA CONVOCATORIA
É obxecto da presente convocatoria a contratación dun/ dunha enfermeiro/a , de forma temporal, a xornada completa, mediante Contrato de Interinidade para substituír á Enfermeira Dona Verónica Fernández Rodríguez do I. M. de Drogodependencia do Concello de Monforte de Lemos, durante as súas vacacións anuais e posterior excedencia por coidado de fillo/a menor de 3 anos.
O proceso desenvolvese baixo os puntos de vista de igualdade efectiva entre homes e mulleres, mérito, capacidade, transparencia e publicidade ( Web oficial do Concello de Monforte de Lemos, Taboleiro de anuncios do Concello de Monforte de Lemos e Periódico El Progreso).
O Real Decreto – Lei 5/2006, do 9 de xuño, para a mellora do crecemento e do emprego e materializada na Lei 43/2006, do 29 de decembro, para a mellora do crecemento do emprego, que modificou o art. 15.5 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo , polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores, establece que os traballadores /as que nun período de 30 meses houbesen estado contratados durante un prazo superior a 24 meses, con ou sen solución de continuidade, para o mesmo posto de traballo coa mesma empresa, mediante dous ou máis contratos temporais, coas mesmas ou diferentes modalidades contractuais de duración determinada, adquirirán a condición de traballadores fixos. Quedan expresamente excluídos do alcance da presente reforma os contratos laborais de interinidade, formativos e de relevo, pero si se inclúen os contratos de duración determinada por acumulación de tarefas ou circunstancias da producción e o contrato por obra ou servizo determinado.
En ningún caso serán contratadas as persoas que encaixen no suposto descrito no artigo 15.5 do Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores.
III-DURACION DO CONTRATO
A duración do contrato terá efectos dende a data que fixe o Alcalde -Presidente na resolución que autorice a contratación e ata a finalización das vacacións e posteriormente a excedencia de dita traballadora.
IV-RETRIBUCIONS
As retribucións serán as que se fixen nos orzamentos para o posto de enfermeira do I.M. de Drogodependencia do Concello de Monforte de Lemos.
V-REQUISITOS DOS/DAS ASPIRANTES
Para ser admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán posuír, no día da finalización do prazo de presentación de solicitudes , os seguintes requisitos:
a)Ser español, ou nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional daqueles estados ós que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola UE e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta está definida no tratado constitutivo da UE.
b)Ter cumpridos os 16 anos de idade e non ter alcanzado a idade de xubilación.
c)Non padecer enfermidade nin defecto físico que lle impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ós postos de traballo obxecto da convocatoria.
d)Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das Administracións Públicas, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas. Idéntico requisito será esixido ós nacionais dos demais estados membros da UE, no seu caso.
e)Estar en posesión do título de Diplomado/ a en enfermería, ou estar en condicións de obtelo na data de remate de presentación de instancias.
VI-SISTEMA DE SELECCIÓN
O procedemento de selección será o concurso -oposición dacordo cos méritos, probas e puntuacións que a continuación se detallan:
a)Na fase de concurso valoraranse os seguintes méritos presentados polos aspirantes: Experiencia :
-Por ano de experiencia como enfermeira con drogodependientes na Administración Local 0,50 puntos ou fracción equivalente, en caso de períodos inferiores. -Por cada ano traballado noutra Administración Pública como enfermeira con drogodependientes 0,30 puntos ou fracción equivalente. -Por cada ano de experiencia na empresa privada como enfermeira con drogodependientes 0,25 puntos ou fracción equivalente. -Por cada ano de experiencia como enfermeira, en calquera outra especialidade distinta de drogodependencia ,tanto na empresa privada como na pública, 0,15 puntos ou fracción equivalente.
A puntuación máxima que se poderá acadar nesta fase será de 4 puntos.
Os méritos alegados polos aspirantes deberán acreditarse do seguinte xeito:
-Os servizos prestados nas Administracións públicas, mediante certificación expedida pola autoridade ou funcionario competente, que reflicta que o aspirante, durante a prestación dos servizos estaba integrado nun corpo, escala, subescala, ou categoría, pertencentes ó SubGrupo A2 ou 2; ou mediante orixinais ou copias compulsadas dos documentos acreditativos da relación laboral e /ou funcionarial do/ a aspirante.
-Os servizos prestados en empresa privadas, acreditaranse mediante presentación do modelo oficial de vida laboral e os documentos orixinais ou copias compulsadas dos contratos acreditativos da relación laboral do aspirante.
En todo caso o aspirante deberá acreditar as funcións ou tarefas que desempeñaba.
b)Na fase de oposición se realizarán:
-Unha entrevista curricular co/coa opositor/coa, que versará sobre os aspectos prácticos dos contidos e funcións do posto de traballo e sobre aquelas cuestións que determinen os membros do tribunal en relación coas competencias , aptitudes e actitudes para o posto dos candidatos. A puntuación final da entrevista determinarase pola puntuación media obtida por todos os membros do Tribunal. Esta proba realizarase exclusivamente en galego segundo establece o artigo 35 do Decreto legislativo 1/2008 do 13 de Marzo.
A puntuación máxima que se poderá acadar nesta fase será de 6 puntos.
-Unha proba que consistirá na realización dunha traducción dun texto, castelán- galego ou galego – castelán, proposto polo Tribunal. O tempo máximo para a súa realización será de media hora. A súa valoración será de apto ou non apto, sendo necesario para superalo obter a calificación de apto. Estarán exentos da realización desta última proba os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento de galego (Celga 4), ou estudios oficiais equivalentes.
Se resultara seleccionado un aspirante que non obteña a calificación de apto no terceiro exercicio, deberá superar no prazo máximo de un ano dende o seu nomeamento, o exame realizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia ao efecto de certificar o coñecemento da Lingua Galega equivalente ao Nivel CELGA 4.
VII- LISTA DE RESERVA.
Todos os aspirantes que cumpran os requisitos dos puntos V das presentes bases, incluiranse nunha lista durante o período 2.009 - 2.011, para cubrir a vacante temporal que no posto de Enfermeiro/a do I.M. de Drogodependencia se poida dar. Cando sexa necesario proceder o chamamento para cubrir a praza vacante, ofertarase ao primeiro da lista que estea pendente de chamar por orde de mellor puntuación.
Cando un dos aspirantes incluído na lista fose chamado para ocupar un posto, ao rematar o período de contratación recuperará o seu lugar inicial na mesma, de xeito que pode ser chamado novamente para outra contratación, agás que renuncie expresamente á súa incorporación.
VIII-PRESENTACION DE SOLICITUDES
Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante solicitude, dirixida ó Sr. Alcalde -Presidente do Concello de Monforte de Lemos con arreglo ó modelo que figura ó final destas bases (Anexo I).
A presentación das solicitude farase no Rexistro de documentos do Concello en horario de nove a dúas ou en calquera dos restantes lugares previstos no artigo 38 da Lei de Réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de cinco (5) días naturais dende o día seguinte da publicación da convocatoria no diario El Progreso.
A instancia acompañarse inescusablemente de fotocopia do DNI e dos documentos acreditativos dos méritos que se aleguen para a súa valoración na fase de concurso, resgardo normalizado acreditativo do aboamento de 70€ de taxa de exame en concepto de dereito de exame ao abeiro da Ordenanza Reguladora de Taxas para o estudio, análise e expedición de documentos, publicada no BOP de Lugo de 14 de Novembro de 2008.
Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias. Publicarase no taboleiro de anuncios do Concello a lista de admitidos e excluídos, indicando a causa de exclusión, concedéndose un prazo de tres (3) días naturais a contar dende o seguinte a publicación, para que subsanen os posibles defectos ou omisións na documentación presentada. De non existir aspirantes excluídos, o Alcalde – Presidente poderá elevar a definitiva a lista provisional na mesma resolución de aprobación. Igualmente se publicará no taboleiro do Concello as datas, lugar e resultados das probas que se realicen, así como todos os anuncios derivados da convocatoria.
Para calquera aclaración ou información adicional os interesados poderá poñerse en contacto co teléfono 982 416540.
IX-TRIBUNAL
O tribunal encargado de xulgar estas probas constitúese por:
Presidente:. Dona Elisa Fernández Rodríguez funcionaria do Concello de Monforte de Lemos. Suplente: Rosa Mª Abelleira Fernández Habilitada de carácter estatal. Vocais:Miguel Martínez Díaz, Don Angel Encinar Arias, Dona Luisa Pallares Álvarez Funcionarios/as do Concello de Monforte de Lemos. Suplentes: Don Tomás Fernández Méndez, Don Carlos Rodríguez Fernández,Dona María Teresa Diz Alonso, Funcionarios e Persoal Laboral do Concello de Monforte de Lemos. Secretario/a: O Secretario da Corporación Don Juan Fco. Sanchéz González con voz e voto. Suplente: Don Eduardo Mera Rico, habilitado de carácter estatal.
No suposto no que un membro do Tribunal non proceda asistir o proceso selectivo, procederase a designación dos suplentes relacionados nas presentes bases. A designación dos suplentes será obxecto de publicación nos mesmos termos que as presentes bases mediante publicación no taboleiro de Edictos do Concello de Monforte de Lemos.
Asesora : Dona Ana María Fernández Sobrino, Directora do I.M. de Drogodependencia do Concello de Monforte de Lemos con voz pero sen voto.
Os membros do Tribunal deberá absterse de intervir, comunicando a dita circunstancia ao órgano designante, cando concorran neles calquera das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes ás probas selectivas de acceso nos cinco anos inmediatamente anteriores á publicación desta convocatoria, consonte co disposto no artigo 13.2º do Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, do regulamento xeral de ingreso.
Asímesmo, os aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal cando neles concorra algunha das circunstancias previstas para a abstención, de conformidade co disposto no artigo 29 da citada Lei 30/1992.
O Tribunal disporá da incorporación dunha asesora especialista, con voz pero sen voto, para as probas en que así o estimen necesario ou conveniente. A citada asesora limitaranse a presta-la súa colaboración na súa especialidade técnica.
Os membros concorrentes ás sesións do Tribunal e para os efectos de percepción de asistencias se clasificarán consonte o establecido no artigo 33 do Real Decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razón de servicio
O Tribunal na súa actuación axustarase ao establecido nas presentes bases; no non disposto seralle de aplicación á normativa prevista para a formación da vontade dos órganos colexiados, tanto na Lei 30/1992 do 26 de novembro como na demais normativa de aplicación.
X-PERIODO DE PROBA
Una vez iniciados os traballos, fíxase un período de proba de quince días para o traballador.
XI.-INTERPRETACIÓN
Para calquera dúbida que xurda na interpretación destas bases e no desenrolo das probas correspondentes estarase ó que decida o Tribunal por maioría de votos.
XII-PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS
O aspirante proposto para o seu nomeamento, nun prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da recepción da oportuna notificación presentará no rexistro de documentos do Concello de Monforte de Lemos a seguinte documentación:
-Fotocopia compulsada do DNI -Copia autenticada do título esixido ou certificación académica de estudios realizados, con xustificante do abono dos dereitos para a súa expedición. -Certificación médica acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que lle incapacite para o desenvolvemento do posto de traballo de que se trata. -Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración Pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme.
XIII. - RECURSOS ADMINISTRATIVOS E XURÍDICOS:
As Bases da convocatoria, e cantos actos administrativos se deriven delas e da actuación do tribunal, poderán ser impugnados nos casos e na forma establecida pola Lei 30/92, de 26 de novembro de réxime xurídico común, modificada pola Lei 4/99. Así mesmo a Administración Municipal poderá, no seu caso, revisa-las resolucións do tribunal conforme ó previsto na citada Lei 30/1992, de 26 de novembro.
Monforte de Lemos, a 20 deAbril de 2008
Visto Bº Conforme
Sonia Rois Fernández Juan Fco. Sánchez González Mª José Vega Buján Aux. Administrativo Secretario Concelleira de Réxime Interno
INSTANCIA PARA PARTICIPAR EN PROCESO SELECTIVO :
D/Dª ………………………………........................................................................., previsto/a de DNI ………........................, e con domicilio en ……………........................................................................................................................, enterado/a da convocatoria dunha praza de.................................................................................................................
MANIFESTA:
-Que acepta as bases da convocatoria. -Que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes cumpre tódolos requisitos esixidos nas bases. -Acompaña os documentos acreditativos dos méritos que se alegan para a fase de concurso. -Presenta xustificante do pago das taxas.
…………........................................………a………., de ……… de 200....
Asina:
DATOS PERSOAIS
APELIDOS E NOME------------------------------------------------------------------------
DNI-----------------------------------------------------------------------------------------
ENDEREZO---------------------------------------------------------------------------------
---------------------------------------------------------------------------------------------
TELEFONO---------------------------------------------------------------------------------
DECLARA:
Que enterado/a do anuncio de convocatoria para a provisión dunha praza de -------
------------------------------------------------------------------------, e coñecedor/a das bases acepta as mesmas e manifesta:
- Naceu o día _____ de __________________ de ________.
- Está en posesión do título de: __________________________________________________________
XUSTIFICACION DE PAGO DAS TASAS DE PARTICIPACIÓN: (-------- € na Conta número 2091/0126/90/3110000019)
Espacio para certificación mecánica do Banco , o no seu defecto firma autorizada
Lugar , data e sinatura.
SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS.
DATOS PERSOAIS
APELIDOS E NOME------------------------------------------------------------------------
DNI-----------------------------------------------------------------------------------------
ENDEREZO---------------------------------------------------------------------------------
---------------------------------------------------------------------------------------------
TELEFONO---------------------------------------------------------------------------------
DECLARA:
Que enterado/a do anuncio de convocatoria para a provisión dunha praza de -------
------------------------------------------------------------------------,e coñecedor/a das bases acepta as mesmas e manifesta:
- Naceu o día _____ de __________________ de ________.
- Está en posesión do título de: __________________________________________________________
XUSTIFICACION DE PAGO DAS TASAS DE PARTICIPACIÓN: (-------- € na Conta número 2091/0126/90/3110000019)
Espacio para certificación mecánica do Banco , o no seu defecto firma autorizada
Lugar , data e sinatura.
SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS.
DATOS PERSOAIS
APELIDOS E NOME------------------------------------------------------------------------
DNI-----------------------------------------------------------------------------------------
ENDEREZO---------------------------------------------------------------------------------
---------------------------------------------------------------------------------------------
TELEFONO---------------------------------------------------------------------------------
DECLARA:
Que enterado/a do anuncio de convocatoria para a provisión dunha praza de -------
------------------------------------------------------------------------,e coñecedor/a das bases acepta as mesmas e manifesta:
- Naceu o día _____ de __________________ de ________.
- Está en posesión do título de: ________________________________________________________
XUSTIFICACION DE PAGO DAS TASAS DE PARTICIPACIÓN: (-------- € na Conta número 2091/0126/90/3110000019)
Espacio para certificación mecánica do Banco , o no seu defecto firma autorizada
Lugar , data e sinatura.
SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS.
|