Monforte de Lemos... Capital da Ribeira SacraMonforte de Lemos... Capital da Ribeira Sacra  
 


  Centro Comercial Urbano Monforte

  Centro do Viño da Ribeira Sacra

  Estudio Socioeconómico...

  Residencia do Morín

  Banco de Tempo de Monforte de Lemos

  Servizo para atopar a Emigrantes e Familias

  Asociación de profesionais de Turismo Rural

  Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular

  Plataforma Autocaravanas Autónoma


 

Monforte de Lemos, 11/03/2009
Bases concurso-oposición para once prazas de auxiliar administrativo

BASES PARA A CONVOCATORIA DE CONCURSO- OPOSICIÓN LIBRE PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE DE ONCE PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO, ESCALA ADMINISTRACIÓN XERAL.
I.-NORMAS XERAIS.
As probas selectivas rexeranse polo previsto nestas bases e polo disposto na Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da Función Publica de Galicia, Lei 5/1997, do 22 de Xullo, de Administración Local de Galicia, Decreto 896/1991, do 7 de xuño, regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da administración local, o R.D. 95/1991, do 20 de marzo, da Comunidade Autónoma de Galicia pola que se arriba o regulamento de selección de persoal e, supletoriamente, o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso de persoal ó servizo da Administración Xeral do Estado e demais lexislación concordante que sexa de aplicación.

II.-OBXECTO DA CONVOCATORIA

O obxecto da presente convocatoria é a selección mediante concurso-oposición libre (probas e avaliación de méritos) de once prazas vacantes no cadro de persoal deste Concello, pertencentes ao grupo C, subgrupo C2, escala de auxiliares administrativos/as, actualmente ocupadas por persoal temporal.

O proceso se desenvolve baixo os puntos de vista de igualdade efectiva entre homes e mulleres, mérito, capacidade, transparencia e publicidade (Web oficial do Concello de Monforte de Lemos, Taboleiro de anuncios do Concello de Monforte de Lemos, BOP).

III.-REQUISITOS DOS ASPIRANTES.

Para ser admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán posuír, no día da finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

-Ser español/a ou nacional doutro Estado comunitario, nos termos do art. 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto do Empregado.

-Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida ou imposibilite o desempeño das correspondentes funcións. .

-Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio ó Estado, ás Comunidades autónomas ou ás Entidades locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas. .

-Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade, conforme a normativa vixente. .

-Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

-Estar en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, ou en condicións de obtelo con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de instancias.

Será nulo o nomeamento do aspirante que estea incurso en causas de incapacidade conforme á normativa vixente.

IV.-PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS

Os interesados en tomar parte na ditada provisión terán que presentar no rexistro xeral do Concello de Monforte de Lemos instancia na que fagan constar que reúnen todas e cada unha das condicións sinaladas na base III desta convocatoria no prazo de 20 días naturais, contados a partir da publicación do anuncio desta no Boletín Oficial do Estado.

Igualmente, os aspirantes terán que xuntar á súa solicitude os documentos acreditativos dos méritos que aleguen. O incumprimento deste requisito impedirá que o tribunal teña en conta éstes na correspondente fase de avaliación.

As instancias/solicitudes tamén se poderán presentar nas formas que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das AA.PP. e procedemento administrativo común. .

Os/As aspirantes deberán unir á solicitude o certificado de méritos alegados, ademais de fotocopia do DNI ou pasaporte e xustificante acreditativo de ter ingresada a cantidade de 50 euros en concepto de dereito de exame ao abeiro da Ordenanza Reguladora de Taxas para o estudo, análise e expedición de documentos, publicada no BOP de Lugo de 14 de Novembro de 2008.

No caso de que o ditado ingreso se fixese por xiro postal, ingreso en conta bancaria, etc., o xustificante de ingreso terá que ir acompañado das instancias presentadas.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a presidencia da corporación aprobará no prazo dun mes mediante resolución a lista de admitidos e excluídos, a designación do tribunal avaliador, a orde de actuación dos aspirantes, así como o lugar e data de comezo das probas, resolución que será publicada no BOP e no taboleiro de edictos do concello con indicación do prazo de corrección de erros que, de conformidade co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, se lles conceda ós excluídos.

A publicación da devandita resolución no BOP será determinante nos prazos de posibles impugnacións, recusacións ou recursos, segundo a invocada lei.

As solicitudes presentadas dacordo coa publicación no BOP de data 14 de febreiro e no BOE de 14 de marzo para a provisión en propiedade de once prazas de Auxiliar Administrativo presentadas dende o 15/03/2009 ata o 03/04/2009 entenderanse válidas salvo renuncia expresa polo/a interesado/a, en cuxo caso devolverase o importe das taxas previamente abonadas. .


V.-TRIBUNAL AVALIADOR.

-Presidente/a: o secretario da corporación ou funcionario/a no que delegue.
-Secretario/a: un funcionario/a de carreira pertencente ao subgrupo A1.
-Vogais: tres funcionarios/as pertencentes ao subgrupo C2 ou superior.

Na composición do Tribunal respetarase o principio de composición equilibrada entre mulleres e homes, de tal xeito que alomenos dous/dúas dos/as seus/súas componentes deben pertencer ao sexo menos representado no mesmo. A tal fin, os derradeiros postos a cubrir no Tribunal serán o de vogal designado pola Alcaldía e o de secretario/a.

De cada un dos/as membros/as anteriores nomearanse tamén os correspondentes suplentes, seguindo os memos criterios.

Todas as persoas componentes do Tribunal ostentan o seu cargo e desenvolven o seu labor a título individual, sen que actúen en representación de ninguén.

Os aspirantes poderán recusa-las persoas compoñentes do tribunal de conformidade co previsto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico e do procedemento administrativo común. .

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade das súas persoas componentes, titulares ou suplentes indistintamente.

VI.- SISTEMA DE SELECCIÓN .

A selección dos aspirantes será polo procedemento de concurso-oposición non restrinxido, e a fase de concurso será anterior á de oposición.

A. Fase de concurso.

O 40 por 100 da puntuación total poderá obterse na fase de concurso, de conformidade co disposto no artigo 38.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia. Terá carácter obrigatorio e non eliminatorio para todas as persoas concursantes.

Concederanse:

-O 0,3333 por 100 da puntuación total por cada mes traballado ou fracción equivalente en caso de ser períodos inferiores como laboral ou funcionario/a, ao servicio de calquera Administración local galega, ata un máximo de toma en consideración de dez anos. Equipararanse a meses traballados os períodos en que as traballadoras ou traballadores se acolleran á suspensión do contrato por maternidade ou paternidade, risco no embarazo o una lactación, incapacidade temporal derivada de embarazo ou a excedenzas por coidado de fillos/as ou familiares. Asemade, os períodos de tempo traballados a tempo parcial ou en rexime de reducción de xornada compuranse como se se prestasen a xornada completa.

-O 0,2222 por 100 da puntuación total por cada mes traballado ou fracción equivalente en caso de ser períodos inferiores, e ata un máximo de toma en consideración de dez anos, por cada mes traballado como laboral ou funcionario/a ao servizo da Administración autonómica de Galicia, coas mesmas equiparacións previstas no párrafo anterior.

-O 0,1333 por 100 da puntuación total por cada mes traballado ou fracción equivalente en caso de ser períodos inferiores, e ata un máximo de toma en consideración de dez anos, por cada mes traballado como laboral ou funcionario/a ao servizo de calquera outra Administración territorial ou institucional, coas mesmas equiparacións previstas no párrafo anterior. A mesma percentaxe utuilizarase cando a prestación de servizos se realizase en sociedades públicas ou fundacións de capital mairoritariamente público, xa dependan da Administración central, xa da autonómica ou local. Aplicaranse, polo demáis, as equiparacións previstas no párrafo primeiro.

-O 0,0888 por 100 da puntuación total por cada mes traballado ou fracción equivalente en caso de ser períodos inferiores, e ata un máximo de toma en consideración de dez anos, por cada mes traballado na empresa privada, aplicándose as equiparacións previstas no párrafo primeiro.

Os ditados servicios, tanto na Administración pública como a favor de entidades privadas, referiranse en todo caso ás funcións de auxiliar administrativo/a propias das prazas que se van cubrir. .

Os ditados méritos valoraranse con referencia á data na que remate o prazo de presentación de instancias e acreditaranse ben por certificado da Administración pública, na que se faga consta-la alta do traballador na Seguridade Social ou cobertura sanitaria correspondente, ben tanto no caso da Administración pública, coma no caso das entidades privadas a través do correspondente contrato debidamente selado na oficina de emprego correspondente.

B. Fase de oposición.

Primeiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 50 preguntas tipo test, con catro respostas alternativas, propostas polo tribunal sobre o contido do programa especificado no “Anexo: programa para auxiliares administrativos” destas Bases, no tempo máximo de unha hora.

Segundo exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Será práctico e consistirá en desenvolver unha proba informática coa ferramenta “Microsoft Office 2003 para Windows”, programas Word, Excel ou Access, que determinará o tribunal inmediatamente antes do seu inicio, nun tempo máximo de unha hora. Na proba proposta se valorará a velocidade, a limpeza e exactitude do copiado e a corrección que presente o escrito.
Esta proba realizarase exclusivamente en lingua galega, segundo establece o artigo 35 do Decreto legislativo 1/2008 do 13 de Marzo.

Terceiro exercicio: de carácter obrigatorio non eliminatorio.

Consistirá na traducción sen diccionario dun texto proposto polo tribunal, de castelán ao galego nun tempo máximo de vinte minutos.

Estarán exentos da realización desta última proba os aspirantes que acrediten a posesión do Certificado Celga 3, ou estudios oficiais equivalentes.

Cualificación dos exercicios: .

O exercicio Primeiro será valorado de 0 a 10 puntos. Á calificación obtida aplicaráselle a porcentaxe do 55 por 100 da puntuación total.

O exercicio Segundo será valorado de 0 a 10 puntos. Á calificación obtida aplicaráselle a porcentaxe do 5 por 100 da puntuación total.

O exercicio Terceiro será valorado de Apto ou non Apto.

Se resultara seleccionado un aspirante que non obteña a calificación de apto no terceiro exercicio, deberá superar no prazo máximo de un ano dende o seu nomeamento, o exame realizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia ao efecto de certificar o coñecemento da Lingua Galega equivalente ao Nivel CELGA 3.

Será eliminado/a o/a aspirante que non obteña un mínimo de cinco puntos en cada nos dous primeiros exercicios da fase de oposición. .

Rematado este exercicio, o tribunal fará pública na Casa do Concello ou naqueloutro que considerara oportuno, a relación dos/as aspirantes que o superasen, con indicación da puntuación obtida. .

Os aspirantes que non estivesen incluídos na citada relación terán a consideración de non aptos. .

A puntuación obtida na fase de oposición sumarase á puntuación obtida na fase de concurso tras a correspondente avaliación polo tribunal. O total da puntuación alcanzada por cada aspirante determinará a orde de prelación para a proposta de avaliación final efectuada polo tribunal. .

Relación de aprobados: .

Rematadas as probas selectivas, o tribunal fará pública a relación de aspirantes aprobados/as por orde de puntuación obtida, con indicación desta, na fase de oposición e na fase de concurso, e proporá para o seu nomeamento soamente aqueles aspirantes que obtivesen a maior puntuación total ata o número de prazas a cubrir. .

O tribunal non poderá propor máis aspirantes ca prazas convocadas. Calquera proposta que contraviñese o establecido será nula de pleno dereito.


VII.- PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN .

O/a aspirante proposto presentará no prazo de 20 días naturais, desde que se faga pública a relación de aprobados, os documentos acreditativos das condicións de capacidade e demais requisitos esixidos nesta convocatoria.

Se dentro do prazo indicado, e salvo casos de forza maior, non presentase a documentación, non poderá ser nomeado/a e quedarían anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puidesen incorrer por falsidade na súa instancia. .

Neste caso, a presidencia do Tribunal formulará proposta a favor do/a aspirante que, tendo aprobados os exercicios da oposición, tivese cabida no número de prazas convocadas como consecuencia da referida anulación.

Unha vez presentada a documentación, o/a aspirante proposto/a será nomeado/a persoal funcionario deste concello para cubri-lo posto, se a documentación presentada se atopase conforme co que se determina na presente convocatoria, e terá que tomar posesión no prazo de 30 días hábiles a partir do seguinte a aquel no que lle fose notificado o nomeamento.

No suposto de non o facer no prazo indicado sen causa xustificada, entenderase que renuncia ó posto. .

Igualmente, o nomeamento publicarase no BOP, no BOE e no DOG.

VIII.- INCIDENCIAS .

A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se derivasen desta e da actuación do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e formas previstas na Lei 30/1992.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se lle presentasen e toma-los acordos precisos para o bo fin do concurso-oposición.



Asinan:

Vº Bo e conforme: Conforme:









Juan Fco. Sánchez González Mª Xosé Vega Buxán






ANEXO:

PROGRAMA PARA AUXILIARES ADMINISTRATIVOS
Tema 1.- A Constitución Española de 1978. Principios Xerais, estrutura e contido.
Tema 2.- Dereitos e deberes fundamentais dos españois.
Tema 3.- A Coroa. O Poder Lexislativo.
Tema 4.- O Goberno e a Administración do Estado. O Poder Xudicial.
Tema 5.- A Administración Pública no ordenamento español. A Administración Xeral do Estado. A Administración das Comunidades Autónomas. A Administración Local. A Administración Institucional.
Tema 6.- A Organización Territorial do Estado na Constitución. As Comunidades Autónomas: o Estatuto de Autonomía de Galicia.
Tema 7.- Sometemento da Administración á Lei e ao Dereito. Fontes do Dereito Público.
Tema 8.- O administrado. Colaboración e participación dos cidadáns nas funcións administrativas.
Tema 9.- O acto administrativo. Principios xerais do procedemento administrativo.
Tema 10.- Fases do procedemento administrativo xeral.
Tema 11.- Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica: especial referencia á Lei de Administración local de Galicia.
Tema 12.- A provincia no Réxime Local. Organización provincial. A Deputación Provincial. Composición. Estrutura. Competencias. Réximes Especiais.
Tema 13.- O termo municipal. A poboación. O empadroamento. O medio físico e a poboación de Monforte de Lemos.
Tema 14.- Organización municipal. Competencias do municipio.
Tema 15.- Outras entidades locais. Mancomunidades. Agrupacións. Entidades locais menores.
Tema 16.- Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.
Tema 17.- A función pública local e a súa organización.
Tema 18.- Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Dereito de sindicación. Seguridade Social.
Tema 19.- Os bens das entidades locais.
Tema 20.- O rexistro de entrada e saída de documentos: seu funcionamento nas entidades locais. Presentación de documentos nas oficinas públicas. Comunicacións e notificacións.
Tema 21.- Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificacións de acordos.
Tema 22.- Os contratos administrativos na esfera local. A selección do contratista.
Tema 23.- Intervención administrativa local na actividade privada. Procedemento de concesión de licencias.
Tema 24.- As Facendas Locais. Clasificación dos ingresos. As Ordenanzas Fiscais. O gasto público local: concepto e réxime legal.






INSTANCIA PARA PARTICIPAR EN PROCESO SELECTIVO :



D/Dª ………………………………........................................................................., previsto/a de DNI ………........................, e con domicilio en ……………........................................................................................................................, enterado/a da convocatoria dunha praza de………………………………………………., en propiedade, publicada no BOP de Lugo número ……...............….,

MANIFESTA:

-Que acepta as bases da convocatoria.
-Que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes cumpre tódolos requisitos esixidos nas bases.
-Acompaña os documentos acreditativos dos méritos que se alegan para a fase de concurso.
-Presenta xustificante do pago das taxas.



…………........................................………a………., de ……… de 200....


Asina:













DATOS PERSOAIS

APELIDOS E NOME------------------------------------------------------------------------

DNI-----------------------------------------------------------------------------------------

ENDEREZO---------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------

TELEFONO---------------------------------------------------------------------------------

DECLARA:

Que enterado/a do anuncio de convocatoria para a provisión dunha praza de -------

------------------------------------------------------------------------, en propiedade, e

coñecedor/a das bases acepta as mesmas e manifesta:

- Naceu o día _____ de __________________ de ________.

- Está en posesión do título de: __________________________________________________________


XUSTIFICACION DE PAGO DAS TASAS DE PARTICIPACIÓN:
(-------- € na Conta número 2091/0126/90/3110000019)




Espacio para certificación mecánica do Banco , o no seu defecto firma autorizada








Lugar , data e sinatura.







SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS.




DATOS PERSOAIS

APELIDOS E NOME------------------------------------------------------------------------

DNI-----------------------------------------------------------------------------------------

ENDEREZO---------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------

TELEFONO---------------------------------------------------------------------------------

DECLARA:

Que enterado/a do anuncio de convocatoria para a provisión dunha praza de -------

------------------------------------------------------------------------, en propiedade, e

coñecedor/a das bases acepta as mesmas e manifesta:

- Naceu o día _____ de __________________ de ________.

- Está en posesión do título de: __________________________________________________________


XUSTIFICACION DE PAGO DAS TASAS DE PARTICIPACIÓN:
(-------- € na Conta número 2091/0126/90/3110000019)


Espacio para certificación mecánica do Banco , o no seu defecto firma autorizada









Lugar , data e sinatura.


SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS.






DATOS PERSOAIS

APELIDOS E NOME------------------------------------------------------------------------

DNI-----------------------------------------------------------------------------------------

ENDEREZO---------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------

TELEFONO---------------------------------------------------------------------------------

DECLARA:

Que enterado/a do anuncio de convocatoria para a provisión dunha praza de -------

------------------------------------------------------------------------, en propiedade, e

coñecedor/a das bases acepta as mesmas e manifesta:

- Naceu o día _____ de __________________ de ________.

- Está en posesión do título de: ________________________________________________________


XUSTIFICACION DE PAGO DAS TASAS DE PARTICIPACIÓN:
(-------- € na Conta número 2091/0126/90/3110000019)


Espacio para certificación mecánica do Banco , o no seu defecto firma autorizada











Lugar , data e sinatura.



SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS.”









[...voltar]


 
 
en Galego...  en Castellano...  English...
 
Cómo Chegar
 
Mapa Concello
 
Rueiro
 
Guía Local
 
 
Actualidade: Día a Día
 
Actualidade: Axenda Cultural
 
Actualidade: Axenda Deportiva
 
Monforte en imaxes...
 
Perfil do Contratante
 
Actualidade: Convocatorias e Prazos
 
 
     
        aviso legal    |     info@concellodemonforte.com     |     Documentación e Desenrolo: Rural Consulting S.L.   |    Programación: @inet Consulting S.L.