Monforte de Lemos... Capital da Ribeira SacraMonforte de Lemos... Capital da Ribeira Sacra  
 


  Centro Comercial Urbano Monforte

  Centro do Viño da Ribeira Sacra

  Estudio Socioeconómico...

  Residencia do Morín

  Banco de Tempo de Monforte de Lemos



H E M E R O T E C A
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
  
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
       
 
 

Monforte de Lemos, 20/10/2006
Monforte contará no presente ano cunha Área de Servicio para Autocaravanas
Pulsa para ampliar
O Alcalde de Monforte, Severino Rodríguez Díaz, anunciou oficialmente a construcción dunha Área de Servicio para Autocaravanas na cidade do Cabe.

Severino Rodríguez aportou datos sobre a puxanza crecente do turismo de autocaravanas, explicando que en España habia un total de 30.000 vehículos deste tipo, e en Europa a cifra ascende a 1.800.000 autocaravanas que, segundo dixo, moven a uns cinco millóns de turistas. Comentou o Alcalde que Francia e Italia son os países que están á cabeza en canto ó número de autocaravanas, sinalando que en España estase rexistrando un gran incremento deste tipo de vehículos e, polo tanto, das persoas que practican esta modalidade turística.

Falou o Alcalde da escaseza deste tipo de instalacións en Galicia, onde só se atopan operativas dúas en Santiago de Compostela, e unha nos concellos de Boiro, Burela e Tui, co cal a de Monforte sería a sexta área de autocaravanas de toda Galicia.

Severino Rodríguez referiuse ós obxectivos que se pretenden conseguir con esta nova dotación turística, e que podemos resumir na mellora e ampliación dos servicios turísticos que ofrece Monforte, no efecto de atracción á cidade dun perfil novo de turismo co que ata agora non se podía contar, e na recuperación dun espacio para uso e disfrute dos cidadáns e dos propios turistas.

O Alcalde dixo que se barallaran varias posibilidades de situación desta área de servicio, decidíndose finalmente pola explanada existente detras do edificio mutiusos. Severino Rodríguez xustificou esta elección por atoparse próxima ó río e ó centro urbano, polas propias condicións paisaxísticas da zona que mellorarán unha vez se realice a súa recuperación, e por ser este un espacio infrautilizado que pasará a converterse nun reclamo turístico e nunha área pública para disfrute dos cidadáns.

En canto ás características da Área de Servicio para Autocaravanas, Severino Rodríguez dixo que tería capacidade para 25 vehículos, e que na súa construcción procederíase a renovar e pintar o pavimento, a reformar as zonas verdes, a realizar un peche vexetal que a separe do río, e a dotala de novo alumado e mobiliario urbano. O Alcalde tamén manifestou que se colocarían sinais indicadores da situaación desta área e dos servicios que oferta en tódalas vías de acceso á cidade.

A inversión necesaria para a construcción desta área ascende a 30.000 euros, financiados na súa totalidade pola Dirección Xeral de Turismo.

As obras iniciaranse próximamente, agardando que estean rematadas antes do Nadal.

O Alcalde anunciou que, co gallo da inauguración desta área, concentraranse en Monforte un gran número de autocaravanas pertencentes ós membros dunha asociación galega que agrupa a estes turistas.

Finalmente, Severino Rodríguez aludiu ás características deste tipo de turistas, dos que dixo tiñan un nivel económico medio alto, que non eran turistas estacionais senón que viaxaban en calquera época do ano, que predominaban as persoas de idade avanzada, e que, segundo datos aportados polo propio sector, viaxaban unha media de 150 a 200 días anuais.



[...voltar]


 
 
en Galego...  en Castellano...  English...
 
Cómo Llegar
 
Mapa Concejo
 
Callejero
 
Guía Local
 
 
Actualidad: Día a Día
 
Actualidad: Agenda Cultural
 
Actualidade: Axenda Deportiva
 
Monforte en imágenes...
 
Actualidade: Convocatorias y Plazos
 
 
     
        aviso legal    |     info@concellodemonforte.com     |     Desenrolo: Rural Consulting S.L.   |    Programación: @inet Consulting S.L.