Monforte de Lemos... Capital da Ribeira SacraMonforte de Lemos... Capital da Ribeira Sacra  
 


  Centro Comercial Urbano Monforte

  Centro do Viño da Ribeira Sacra

  Estudio Socioeconómico...

  Residencia do Morín

  Banco de Tempo de Monforte de Lemos

  Servizo para atopar a Emigrantes e Familias

  Asociación de profesionais de Turismo Rural

  Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular

  Plataforma Autocaravanas Autónoma


 

Monforte de Lemos, 23/09/2009
Aprobadas as subvencións a clubes e entidades deportivas
A concellería de deportes fai públicas as subvencións concedidas ós clubes e entidades deportivas, tanto federadas como non federadas, correspondentes á tempada 2008/2009.

Os gastos subvencionables corresponden ó funcionamento da entidade e a aqueles ocasionados pola actividade propia desta, así como ós motivados pola participación ou organización de actividades deportivas, gastos ocasionados polo
pagamento de licencias federativas e canons federativos, aloxamento, comidas, arbitraxes, adestradores, compras de material deportivo, etc.

En definitiva, os gastos ocasionados polo funcionamento da entidade deportiva para o cumprimento dos seus fins, o longo da tempada 2008/2009, quedando excluídos os gastos xerados polo pagamento de nóminas a
xogadores/as.

Para recibir a subvención asignada, a entidade deportiva solicitante deberá presentar toda a documetación que acredite os gastos realizados durante a tempada 2008/2009.

A contía económica destinada ás citadas subvencións foi de 98.500 €, sendo a súa distribción a seguinte:

-CLUBES E ENTIDADES FEDERADAS: o importe total máximo para resolver
foi de 96.000 €

-CLUBES E ENTIDADES NON FEDERADAS: o importe total máximo para
resolver foi de 2.500 €

Os beneficiarios recibirán, como máximo, o 75% do orzamento presentado sobre os gastos subvencionables.

Ante a situación de crise económica, tal e como sucede noutros departamentos do Concello, o orzamento destinado a subvencionar ós clubes e entidades deportivas sufriu un recorte do 20 % respecto da contía destinada para o mesmo fin na tempada 2007/2008.

A concesión das subvencións foi a seguinte:



CLUBES E ENTIDADES DEPORTIVAS FEDERADAS:

1-CLUB SQUASH ARTAI 2.300 €
2-CLUB NATACIÓN MONFORTE 9.000 €
3-A.D. A PONTE VELLA 800 €
4-CLUB BALONCESTO VAL DE LEMOS 2.400 €
5-CLUB LEMOS 24.000 €
6-C.P. CALASANCIO 17.000 €
7-CLUB ARENAS 2.300 €
8-CLUB QUIXÓS 2.000 €
9-CLUB TENIS DE MESA CEIBE 2.000 €
10-A.D. A PINGUELA 28.000 €
11-CLUB DE PESCA MONFORTE 400 €
12-MOTOCLUB MARTCHA ATRÁS 700 €
13-CLUB CICLISTA MONFORTE 800 €
14-CLUB CONTRUCCIÓNS E REVESTIMENTOS MANÍAS 700 €
15-CLUB TAEKWONDO NEKA MONFORTE 800 €
16-SOCIEDADE DEPORTIVA RÍO CABE 600 €
17-SOCIEDADE VAL DE LEMOS 500 €
18-CLUB QUICELA XIMNASIA RÍTMICA 500 €
19-CLUB DE TENIS CUATRO VIENTOS 400 €
20-CLUB TIRO OLÍMPICO CABE 500 €
21-CLUB COLOMBÓFILO AIRES DE LEMOS 300 €


CLUBES E ENTIDADES DEPORTIVAS NON FEDERADAS:

1-A.D. VETERANS 350 €
2-A.D. FERROVIARIO 450 €
3-A.D. A GÁNDARA 450 €
4-A.D. CALASANCIAS 450 €
5-A.D. ESCOLAPIOS 450 €
6-CLUB TEMPLARIOS POOL 350 €










[...voltar]


 
 
en Galego...  en Castellano...  English...
 
Cómo Chegar
 
Mapa Concello
 
Rueiro
 
Guía Local
 
 
Actualidade: Día a Día
 
Actualidade: Axenda Cultural
 
Actualidade: Axenda Deportiva
 
Monforte en imaxes...
 
Perfil do Contratante
 
Actualidade: Convocatorias e Prazos
 
 
     
        aviso legal    |     info@concellodemonforte.com     |     Documentación e Desenrolo: Rural Consulting S.L.   |    Programación: @inet Consulting S.L.