| |









|
|
 |
| |
| Monforte de Lemos, 15/09/2009 | | As Escolas Deportivas Municipais incrementan a súa oferta | Xosé Lois Losada, concelleiro de deportes, anunciou que por terceiro ano consecutivo o Concello poñerá en marcha as Escolas Deportivas Municipais. O conceleiro comentou que o obxectivo primordial das Escolas é que toda a cidadanía poida ter acceso ó deporte e que este sexa un instrumento fundamental na nosa educación e modo de vida.
Xosé lois Losada dixo que este ano incrementábase a oferta dirixida ós máis cativos coa inclusión de Kung Fu, Baloncesto (modalidade de Minibasket) e Golf, e tamén a dirixida á mocidade e ás persoas adultas, coa Escola de Ioga.
En total serán 10 Escolas para os máis pequenos e 4 para os adultos, coa intención de continuar aumentando a oferta en anos vindeiros.
O concelleiro falou dunhas Escolas de calidade e a un prezo asequible, que procuran achegar os deportes chamados minoritarios a toda a cidadanía.
MODALIDADES ADULTOS: Ximnasia de mantemento, Tai Chi, Bádminton, Ioga
MODALIDADES CATIVOS: Fútbol, Triatlón, Atletismo, Bádminton, Ximnasia Rítmica, Golf, Psicomotricidade e Predeporte, Kung Fu, Baloncesto, Squash
INICIO DO CURSO: 5 de outubro DURACIÓN: de outubro de 2009 a maio de 2010
CARACTERÍSTICAS DAS ESCOLAS: -Horas de actividade semanal: 2h
INFORMACIÓN E MATRÍCULA NA OFICINA MUICIPAL DE DEPORTES DO CONCELLO, TLF.- 982-40-25-01
| | [...voltar] |
|
| |
|
|
|
|