Monforte de Lemos... Capital da Ribeira SacraMonforte de Lemos... Capital da Ribeira Sacra  
 


  Centro Comercial Urbano Monforte

  Centro do Viño da Ribeira Sacra

  Estudio Socioeconómico...

  Residencia do Morín

  Banco de Tempo de Monforte de Lemos

  Servizo para atopar a Emigrantes e Familias

  Asociación de profesionais de Turismo Rural

  Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular

  Plataforma Autocaravanas Autónoma


 

Monforte de Lemos, 19/08/2009
O domingo celebrarase en Monforte o Campionato Galego Promoción de Slalom
Pulsa para ampliar
O vindeiro domingo día 23 de agosto desputarase no río Cabe o Campionato Galego Promoción de Slalom de piraguismo.

A proba, organizada polo club Quixós coa colaboración do concello de Monforte, foi presentada polo alcalde, o concelleiro de deportes e directivos do citado club.

Xosé Lois Losada comentou que a competición contará con participantes de toda Galicia e que rexistrará un moi bo nivel, polo que animou á cidadanía a presencia-la no azud de Ribasaltas.

Os directivos do Quixós, Santiago Díaz e José Luis Saco, agradeceron a colaboración do Concello e destacaron o feito de que unha proba xa tradicional recolla este ano o campionato galego de promoción. Falaron de que se realizara un cambio de ubicación da proba para unha zona do río que, por ter máis movemento de auga, require unha maior técnica.

Segundo explicaron, a competición terá lugar augas abaixo da presa de derivación de Ribasaltas, entre as 10:00 e as 14:00 horas, e contará con 100 participantes nas categorías benxamín, alevín e infantil, dos cales 36 son do club Quixós.

Severino Rodríguez subliñou a importancia que ten a actividade do club Quixós para o Concello, destacando que o traballo que realizan é moi interesante dende o punto de vista deportivo, pero tamén como promoción de Monforte e de recuperación do río.

Xosé Lois Losada aproveitou a rolda de prensa para anunciar que o Concello, en colaboración co club Quixós, poñerá en marcha para este curso unha escola deportiva de kayak-polo.











[...voltar]


 
 
en Galego...  en Castellano...  English...
 
Cómo Chegar
 
Mapa Concello
 
Rueiro
 
Guía Local
 
 
Actualidade: Día a Día
 
Actualidade: Axenda Cultural
 
Actualidade: Axenda Deportiva
 
Monforte en imaxes...
 
Perfil do Contratante
 
Actualidade: Convocatorias e Prazos
 
 
     
        aviso legal    |     info@concellodemonforte.com     |     Documentación e Desenrolo: Rural Consulting S.L.   |    Programación: @inet Consulting S.L.