| |









|
|
 |
| |
| Monforte de Lemos, 03/07/2009 | | Trinta e catro deportistas monfortin@s participarán nos VIII Xogos do Eixo Atlántico | O domingo día 12 de xullo, ás 8:30 horas, partirá dende o Campo da Compañía con destino á Coruña a expedición monfortina que participará nos VIII Xogos do Eixo Atlántico.
A expedición estará formada por 34 deportistas que viaxarán acompañados polo concelleiro de deportes, Xosé Lois Losada, e polos delegados e entrenadores dos diferentes equipos.
Os e as deportistas monfortin@s participarán nas modalidades de baloncesto masculino (10 deportistas), natación masculina (5), natación feminina (5) e futbol sete (14), modalidade esta última na que os representantes do concello de Monforte defenderán o título de campións.
Tanto futbol sete como baloncesto disputarán unha fase previa que se celebrará entre o domingo e o luns. A natación iniciará a competición o luns pola tarde.
Os VIII Xogos do Eixo Atlántico celebraranse na cidade herculina entre os días 5 e 10 de xullo e nos mesmos participarán un total de 1.700 deportistas, nados do ano 1993 en adiante, representando a 14 concellos galegos e 15 concellos portugueses.
A concellería de deportes do concello de Monforte correrá con tódolos gastos de equipación, viaxe e aloxamento dos deportistas e dos seus acompañantes.
| | [...voltar] |
|
| |
|
|
|
|