Monforte de Lemos... Capital da Ribeira SacraMonforte de Lemos... Capital da Ribeira Sacra  
 


  Centro Comercial Urbano Monforte

  Centro do Viño da Ribeira Sacra

  Estudio Socioeconómico...

  Residencia do Morín

  Banco de Tempo de Monforte de Lemos

  Servizo para atopar a Emigrantes e Familias

  Asociación de profesionais de Turismo Rural

  Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular

  Plataforma Autocaravanas Autónoma


 

Monforte de Lemos, 17/06/2009
A concellería de deportes organiza o "Día do Deporte na Rúa"
Pulsa para ampliar
O concelleiro de deportes, Xosé Lois Losada, presentou en rolda de prensa o “Día do Deporte na Rúa” que se celebrará o vindeiro domingo, día 21 de xuño, entre as 11:00 e as 14:00 na praza da Compañía.

Xosé Lois Losada lembrou as adversas condicións climáticas que impediron que o pasado ano puidera celebrarse este acontecemento, agardando que nesta edición o clima sexa máis benévolo. Comentou que é unha actividade aberta a tódalas idades e que se desenvolverá en tres zonas diferenciadas: a explanada da Compañía, onde terán lugar a maioría das actividades, a pista polideportiva do xardín, onde se realizarán as actividades de futbol e baloncesto, e a zona do río do parque dos Condes, onde se levará a cabo a actividade de piragüismo.

O concelleiro dixo que haberá agasallos para os participantes e animou á cidadanía a desfrutar do “Día do Deporte na Rúa”, onde poderán practicar múltiples actividades: futbol, baloncesto, voleibol, ciclismo, piragüismo, tiro con arco, inchables, xogos alternativos, tai chi, xogos tradicionais, body combat e taekwondo.

Xosé Lois Losada aproveitou a comparecencia ante os medios para anunciar que o sábado día 20 de xuño, organizado polo club Quicela, celebrarase no pavillón da Pinguela o “I Torneo de Ximnasia Rítmica Val de Lemos”, coa participación de 200 deportistas procedentes de diversas localidades da provincia de Lugo.

O torneo comezará ás 16:30, pero pola mañá, a partir das 11:00, haberá unha exhibición na que participarán 100 deportistas dos diferentes colexios de Monforte.

O concelleiro destacou o bo labor do club Quicela e tamén a colaboración que este club mantén coas escolas municipais.




[...voltar]


 
 
en Galego...  en Castellano...  English...
 
Cómo Chegar
 
Mapa Concello
 
Rueiro
 
Guía Local
 
 
Actualidade: Día a Día
 
Actualidade: Axenda Cultural
 
Actualidade: Axenda Deportiva
 
Monforte en imaxes...
 
Perfil do Contratante
 
Actualidade: Convocatorias e Prazos
 
 
     
        aviso legal    |     info@concellodemonforte.com     |     Documentación e Desenrolo: Rural Consulting S.L.   |    Programación: @inet Consulting S.L.