| |









|
|
 |
| |
| Monforte de Lemos, 19/05/2009 | | O venres 29 de maio terá lugar o Maratón do Estudante | O concelleiro de deportes, Xosé Lois Losada, presentou esta mañá a XVIII edición do Maratón do Estudante, que se celebrará o 29 de maio a partir das 10:30.
Xosé Lois Losada animou á cidadanía a saír á rúa para apoiar ós centos de participantes que terá a proba.
Estas son as categorías, regulamento, horarios e percorridos das diferentes probas:
-DÍA DA PROBA: 29 de maio de 2009
-HORARIO DAS CARREIRAS:
-MINI MARATÓN: 10:30 H. -MEDIO MARATÓN: 11:10 H. -MARATÓN: 12:00 H.
-CATEGORÍAS:
-MINI MARATÓN: -Educación Infantil -Educación Especial
-MEDIO MARATÓN: -Prebenxamín (1º - 2º de primaria) -Benxamín (3º - 4º de primaria) -Educación Especial
-MARATÓN: -Alevín (5º - 6º de primaria). Nados no 97 – 98. -Infantil. Nados no 95 – 96. -Cadete. Nados no 93 – 94. -Xuvenil. Nados no 91 – 92 e anteriores. -Educación Especial -Profesores.
-ORGANIZACIÓN E REGULAMENTO:
-Será necesario estar 20 minutos antes do inicio de cada unha das carreiras na zona de saída. -Cada unha das categorías irán diferenciadas por cores e as saídas realizaranse de forma espaciada para evitar aglomeracións na chegada. -É obrigatorio que cada un dos atletas participantes vaia equipado con roupa deportiva; de non ser así non se lles permitirá efectuar a saída. -Os puntos de saída son os seguintes:
-Mini Maratón: Capela de San Lázaro -Medio Maratón: Explanada da Compañía -Maratón: Rúa Zapardiel
-Serán agasallados con trofeo os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías agás na proba de Mini Maratón onde tódolos atletas participantes recibirán algún tipo de agasallo.
PERCORRIDOS:
-Mini maratón: Saída da rúa Carude a altura da Capela de S. Lázaro – rúa Estrada se Sober ata o Estadio Municipal da Pinguela.
-Medio maratón: Saída da explanada dos Escolapios – Paseo de Lugo – rúa Carude – rúa Estrada de Sober ata o Estadio Municipal da Pinguela.
-Maratón: Saída da rúa Doutor Casares – Malecón – rúa Hortas – Avenida de Galicia – rúa Cardeal – Compañía – rúa Reboredo – rúa San Lázaro – rúa Estrada de Sober ata o Estadio Municipal da Pinguela.
| | [...voltar] |
|
| |
|
|
|
|