| |









|
|
 |
| |
| Monforte de Lemos, 04/03/2009 | | Monforte celebrará unha carreira popular o día 22 de marzo | O alcalde, Severino Rodríguez, e o concelleiro de deportes, Xosé Lois Losada, presentaron en rolda de prensa a “I Carreira Popular Concello de Monforte” que terá lugar o domingo día 22 de marzo.
Xosé Lois Losada falou de que era unha carreira demandada por moita xente xa que o atletismo é un deporte en auxe na comarca. O concelleiro de deportes dixo que a proba nacía con vocación de permanencia e de converterse, pasados uns anos, nun referente no calendario. Xosé Lois Losada falou das carreiras para categorías menores, con diferentes distancias, e da proba absoluta, que se realizará sobre unha distancia de sete quilómetros, todas elas nun circuito urbano totalmente chan.
A carreira está organizada polo concello de Monforte co patrocinio do Xacobeo e a colaboración de Coca Cola, FeFeMe e Champiomchip.
O alcalde dixo que dende a concellería de deportes sempre se plantexaran dúas liñas de traballo, unha co deporte profesional e outra co deporte popular. Severino Rodríguez animou á participación da cidadanía nesta carreira ou, cando menos, a presenciala e animar ós atletas.
De seguido ofrecemos datos sobre a inscrición, as características da carreira e os premios da mesma, para calquera aclaración deben dirixirse á oficina de deportes do Concello:
CARREIRA ABSOLUTA: 12:00
-Percorrido: a saída e a meta serán na compañía e consistirá en dar dúas voltas a un circuíto de 3,5 Km. Quedando así a distancia total da proba en 7 Km. O percorrido é o seguinte: Campo da Compañía, Paseo de Lugo, Carude, Estrada de Sober, San Lázaro, Reboredo, Dalmiro de la Valgoma, Escultor Francisco Moure e novamente Campo da Compañía.
-Categorías: estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas: -Categoría D: nados/as entre 1983 e 1992 -Categoría E: nados/as entre 1973 e 1982 -Categoría F: nados/as entre 1963 e 1972 -Categoría G: nados/as entre 1953 e 1962 -Categoría H: nados/as entre 1952 e anteriores
-Inscricións: as inscricións poderán realizarse on-line na páxina web www.championchipnorte.com ou de forma presencial na Oficina de Deportes do Concello de Monforte. Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax. Para poder inscribirse tanto on-line como como presencialmente serán obrigatorios os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, DNI, Localidade, Teléfono móbil e club ó que pertence (no caso de telo).
-Premios:
-Trofeo: levarán trofeo o primeiro, segundo e terceiro clasificados tanto de categoría masculina como feminina.
-Premios económicos: -1º/1ª Clasificado/a: 300 € -2º/2ª Clasificado/a: 200 € -3º/3ª Clasificado/a: 100 € -4º/4ª Clasificado/a: 75 € -5º/5ª Clasificado/a: 50 €
-Premios especiais: -1º/1ª Clasificado/a nado en Galicia: 150 € -2º/2ª Clasificado/a nado en Galicia: 100 € -3ª/3ª Clasificado/a nado en Galicia: 50 €
-1º/1ª Clasificado/a local 50 €
CARREIRA CATEGORÍAS MENORES: 11:00
-Categorías: estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
-Categoría A: nados/as entre 2000 e 2004 -Categoría B: nados/as entre 1997 e 1999 -Categoría C: nados/as entre 1993 e 1996
-Inscricións: as inscricións poderanse facer por correo electrónico na dirección lodeco@lodeco.es ou de forma presencial na Oficina de Deportes do Concello de Monforte. Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax. Para poder inscribirse tanto on-line como como presencialmente serán obrigatorios os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, DNI, Localidade, Teléfono móbil e club ó que pertence (no caso de telo).
-Percorrido:
-Categoría A: 600 m. -Categoría B: 1000 m. -Categoría C: 1500 m.
-Premios:
-Trofeos para @s tres primei@s de cada categoría.
-Camiseta oficial da proba e avituallamento final para todos os que rematen a proba.
| | [...voltar] |
|
| |
|
|
|
|