Monforte de Lemos... Capital da Ribeira SacraMonforte de Lemos... Capital da Ribeira Sacra  
 


  Centro Comercial Urbano Monforte

  Centro do Viño da Ribeira Sacra

  Estudio Socioeconómico...

  Residencia do Morín

  Banco de Tempo de Monforte de Lemos

  Servizo para atopar a Emigrantes e Familias

  Asociación de profesionais de Turismo Rural

  Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular

  Plataforma Autocaravanas Autónoma


 

Monforte de Lemos, 19/02/2009
A concellería de deportes pon en marcha un taller de defensa persoal para mulleres
A Concellería de Deportes do concello de Monforte, coa colaboración da concellería de Igualdade, pon en marcha un taller de defensa persoal dirixido a mulleres.

O taller desenvolverase en cinco sesións dunha hora de duración dirixidas por J. Luis Fernández Gómez, monitor especializado.

O principal obxectivo do curso e que as mulleres tomen conciencia do dereito a defenderse dun ataque, descubran a súa forza física e sintan a sensación de seguridade que lles pode aportar.

O taller terá lugar os sábados 28 de febreiro, e 7, 14, 21 e 28 de marzo en dous turnos, un de 10:30 a 11:30 e outro de 11:45 a 12:45, no pavillón municipal da Pinguela.

Todas aquelas mulleres interesadas en asistir deberán anotarse na Oficina Municipal de Deportes do Concello. O número de prazas do taller é limitado e a matrícula é gratuíta.




[...voltar]


 
 
en Galego...  en Castellano...  English...
 
Cómo Chegar
 
Mapa Concello
 
Rueiro
 
Guía Local
 
 
Actualidade: Día a Día
 
Actualidade: Axenda Cultural
 
Actualidade: Axenda Deportiva
 
Monforte en imaxes...
 
Perfil do Contratante
 
Actualidade: Convocatorias e Prazos
 
 
     
        aviso legal    |     info@concellodemonforte.com     |     Documentación e Desenrolo: Rural Consulting S.L.   |    Programación: @inet Consulting S.L.