| |









|
|
 |
| |
| Monforte de Lemos, 30/10/2008 | | A concellería de deportes efectuou melloras na piscina municipal | A concellería de deportes, dirixida por Xosé Lois Losada, realizou obras de mellora na piscina municipal por un importe superior ós 45.000 euros.
As actuacións, destinadas a optimizar o sistema de subministración de auga quente para as duchas e os aseos dos vestiarios, consistiron na substitución de dous depósitos acumuladores de chapa galvanizada por outro de aceiro inoxidable. Os depósitos substituídos tiñan quince anos de antigüidade e presentaban signos evidentes de perforación por oxidación na súa superficie.
A renovación dos depósitos complementouse con outras actuacións de recuperación de calor, coa finalidade de conseguir un significativo aforro enerxético. Entre estas actuacións destaca a instalación de dous intercambiadores de placas inoxidables destinado á recuperación da calor existente na auga dos vasos grande e pequeno da piscina durante o continuo proceso de renovación da mesma.
Estas instalacións conlevaron tamén a adaptación de diversas tomas e tuberías, así como a instalación de bombas de calor de aire, bombas de recirculación, e variados accesorios.
| | [...voltar] |
|
| |
|
|
|
|