Monforte de Lemos... Capital da Ribeira SacraMonforte de Lemos... Capital da Ribeira Sacra  
 


  Centro Comercial Urbano Monforte

  Centro do Viño da Ribeira Sacra

  Estudio Socioeconómico...

  Residencia do Morín

  Banco de Tempo de Monforte de Lemos

  Servizo para atopar a Emigrantes e Familias

  Asociación de profesionais de Turismo Rural

  Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular

  Plataforma Autocaravanas Autónoma


 

Monforte de Lemos, 03/07/2008
GRAN NIVEL DE PARTICIPACIÓN NO TORNEO DE FUTBOL XUVENIL
Pulsa para ampliar
O Alcalde, o concelleiro de Deportes, e o presidente do Calasancio, presentaron esta mañá o V Torneo de Futbol Xuvenil “Memorial Jacobo Díaz Camino”.

O torneo, que se celebrará os días 9 e 10 de agosto, contará coa participación dos equipos C.P. Calasancio, R.C. Deportivo da Coruña, Benfica (Portugal), e Tottenham Hotspur (Inglaterra).

As semifinais do torneo disputaranse o sábado día 9 ás 17:45 (Tottenham – Deportivo) e as 19:30 Benfica – C.P. Calasancio. O domingo día 10 xogarase o partido polo terceiro e cuarto posto, ás 10:15, e a final, ás 12:00. Poñeranse á venda bonos de 10 euros para presenciar os catro partidos.

Este torneo internacional está patrocinado polo Xacobeo e ten un orzamento de 21.000 euros, dos cales o Xacobeo aporta 10.000, a Fundación Deporte Galego, da Consellería de Cultura e Deporte, unha cantidade aínda por determinar, e o Concello de Monforte o resto do diñeiro necesario.

Este ano adiantáronse as datas do torneo, que habitualmente se celebraba despois das festas patronais, coa intención de propiciar unha maior asistencia de público ó Estadio Municipal de A Pinguela, xa que o evento ben o merece.

Juan Carlos Díaz, presidente do Calasancio, club que organiza o torneo, dixo que continuaban na liña de contar con equipos de gran potencial e que o evento podía celebrarse grazas á colaboración especial do Concello, sen a cal, remarcou, sería imposible acadar este nivel de participación. Comentou que seguirán traballando para manter este nivel e agradeceu ó Xacobeo e á Consellería de Cultura e Deporte a súa implicación.

Xosé Lois Losada dixo que dende a súa Concellería continuaban apostando por este tipo de eventos, subliñando que é un orgullo poder acoller este torneo en Monforte e demostrar que temos capacidade para organizalo. O Concelleiro outorgoulle todo o mérito ó presidente do Calasancio pola organización, e ó Alcalde polas xestións para conseguir o financiamento necesario. Xosé Lois Losada manifestou que continuaba apostando polo fútbol base e que este torneo resultaba importante para os rapaces do Calasancio e para todos os que practicaban deporte.

Severino Rodríguez dixo que el tiña interese porque en Monforte se celebraran eventos deste tipo que, ademais do seu valor deportivo, eran beneficiosos para a cidade pola repercusión dos mesmos no resto de Galicia, no Estado, e noutros países.

O Alcalde dixo que colaborar co Calasancio resultaba fácil pola súa maneira de traballar e pola gran implicación co fútbol base e a experiencia que tiñan.

Os participantes na rolda de prensa agradeceron fondamente a implicación do Xacobeo e fixeron un chamamento á cidadanía para que asista a presenciar un torneo de gran nivel como é o “Memorial Jacobo Díaz Camino”



[...voltar]


 
 
en Galego...  en Castellano...  English...
 
Cómo Chegar
 
Mapa Concello
 
Rueiro
 
Guía Local
 
 
Actualidade: Día a Día
 
Actualidade: Axenda Cultural
 
Actualidade: Axenda Deportiva
 
Monforte en imaxes...
 
Perfil do Contratante
 
Actualidade: Convocatorias e Prazos
 
 
     
        aviso legal    |     info@concellodemonforte.com     |     Documentación e Desenrolo: Rural Consulting S.L.   |    Programación: @inet Consulting S.L.