Monforte de Lemos... Capital da Ribeira SacraMonforte de Lemos... Capital da Ribeira Sacra  
 


  Centro Comercial Urbano Monforte

  Centro do Viño da Ribeira Sacra

  Estudio Socioeconómico...

  Residencia do Morín

  Banco de Tempo de Monforte de Lemos

  Servizo para atopar a Emigrantes e Familias

  Asociación de profesionais de Turismo Rural

  Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular

  Plataforma Autocaravanas Autónoma



H E M E R O T E C A
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
  
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
       
 
 

Monforte de Lemos, 24/02/2010
Os actos do Día Internacional da Muller comezarán o día 2 de marzo
Pulsa para ampliar
A concelleira de igualdade, Ana Casal, presentou as actividades que se desenvolverán co gallo da conmemoración do 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”. Estas actividades realizaranse durante o mes de marzo e abarcan charlas sobre saúde, obradoiros, teatro, unha exposición e outros actos, algún deles cun carácter máis festivo.

A principal novidade do programa de actos deste ano serán unhas visitas guiadas á cidade para escolares, nas que percorrerán lugares nos que as mulleres tiveron un papel importante ó longo da historia. Os percorridos, que terán lugar no mes de marzo e que se denominan Itinerarios da Igualdade, serán guiados polo experto en historia local Felipe Aira.

As demais actividades son as seguintes:

Celebraranse as III Xornadas de Prevención da Saúde na Muller, coa colaboración de especialistas que serán os relatores de dúas charlas sobre a alimentación e a insuficiencia venosa:

• “A alimentación como medida saudable”, xoves 11 de marzo ás 20:00 h. Casa da Cultura. Relatora, Dra. Rosa Burgo López (unidade de endocrinoloxía do Hospital de Monforte)

• “Prevención e tratamento da insuficiencia venosa (varices)”, xoves 25 de marzo ás 20:00 h. Casa da Cultura. Relatora, Dra. Eva Pérez Carballo (servizo de cirurxía vascular do Hospital Xeral de Lugo)


Obradoiro de “Autocoñecemento”, dirixido a mulleres.

Obradoiros de sensibilización en materia de igualdade. Realizaranse nos centros de educación secundaria de Monforte ó longo do mes de marzo.

Modificación da iluminación de monumentos e edificios emblemáticos da cidade co gallo do Día Internacional da Muller. Levarase a cabo ó longo de toda a semana do 8 de marzo.

A concellería de igualdade, a través do CIM, tamén colabora na realización da Cea de Confraternidade, que se celebrará o sábado día 6 de marzo, organizada polos distintos colectivos de Monforte para conmemorar o “Día Internacional da Muller”. Durante a celebración da cea farase un recoñecemento especial ó traballo da matrona Blanca García, agora retirada pero que exerceu a súa profesión no Hospital Comarcal.

O propio luns día 8 de marzo o Grupo de Teatro de Maiores do Concello representará na casa da Cultura, ás 20:00 horas, a obra “Mulleres, mulleres, mulleres”.

O martes día 2 de marzo, ás 20:00 horas, inaugurarase na Casa da Cultura a exposición “O Magreb con ollos de muller”, exposición realizada en colaboración con Solidariedade Internacional,

En colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo e co CCU de Monforte, distribuiranse en varios establecementos comerciais e hostaleiros siluetas femininas que reflicten os distintos estereotipos de xénero que sofren as mulleres.

Finalmente, entre o público asistente ós diversos actos programados repartiranse lazos violeta que simbolizan a data da conmemoración



[...voltar]


 
 
en Galego...  en Castellano...  English...
 
Cómo Chegar
 
Mapa Concello
 
Rueiro
 
Guía Local
 
 
Actualidade: Día a Día
 
Actualidade: Axenda Cultural
 
Actualidade: Axenda Deportiva
 
Monforte en imaxes...
 
Perfil do Contratante
 
Actualidade: Convocatorias e Prazos
 
 
     
        aviso legal    |     info@concellodemonforte.com     |     Documentación e Desenrolo: Rural Consulting S.L.   |    Programación: @inet Consulting S.L.